Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52514

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle da parcela E1-F1 da segunda fase da Central de Transporte de Ourense.

Anuncio de aprobación definitiva do estudo de detalle referido á parcela E1-F1 da segunda fase da Central de Transporte de Ourense, co obxecto de reaxustar aliñacións, o que se publica para os efectos dos artigos 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e 199 do seu regulamento.

«O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 29 de novembro de 2018, adoptou, entre outros, os seguintes acordos:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle referido a parcela E1-F1 da segunda fase da Central de Transporte de Ourense, redactado polo equipo técnico Ecuevas Arquitectura, S.L.P., quedando extinguida a suspensión de licenzas.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que o integran así como o índice de planos do estudo de detalle no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Notificar este acordo aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Cuarto. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo a aprobación de estudo de detalle referido a parcela E1-F1 da segunda fase da Central de Transporte de Ourense, á vez que se lle dá traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia.

Quinto. Facultar o alcalde para subscribir e asinar toda clase de documentos e, en xeral, para todo o relacionado con este asunto».

Contra este acordo, interporase recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contadio desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

San Cibrao das Viñas, 7 de decembro de 2018

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde