Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52513

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Neves

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para cubrir unha praza de auxiliar da Administración xeral vacante no cadro de persoal funcionario incluída na oferta de emprego público do ano 2018.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 198, do 15 de outubro de 2018, publicáronse a convocatoria e as bases que rexerán este proceso selectivo, e no Boletín Oficial da provincia número 215, do día 8 de novembro de 2018, publicouse unha corrección de erro aritmético detectado na base décimo primeira das da convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte a aquel en que se publique o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

As Neves, 8 de novembro de 2018

Xosé Manuel Rodríguez Méndez
Alcalde presidente