Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52512

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de convocatoria de varios postos de libre designación.

Nos boletíns oficiais da provincia da Coruña nº 181, nº 196 e nº 202, con datas do 21 de setembro de 2018, 15 de outubro de 2018 e 23 de outubro de 2018, publicáronse as bases aprobadas por resolucións da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, con data do 20 de agosto de 2018, relativas ás seguintes convocatorias de postos de libre designación:

– 1 posto de xefe/a de Servizo de Asesoría Xurídica.

– 1 posto de xefe/a de Servizo de Gabinete de Alcaldía.

– 1 posto de asistente de Protocolo.

– 4 postos de secretarias/os de Dirección.

– 3 postos de secretarias/os de Concellería.

O prazo de presentación de instancias será de quince días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Estas convocatorias e as súas resolucións publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 16 de novembro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director de Economía, Facenda e Administración