Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52515

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vila de Cruces

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para implantación de equipamento dotacional destinado a cemiterio no núcleo de Añobre.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vila de Cruces, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 20 de novembro de 2018, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para implantación dun equipamento dotacional destinado a cemiterio no núcleo de Añobre, redactado polo arquitecto Víctor Manuel Hermo Sánchez (RE 2018-E-RE-490 do 6.11.2018).

Segundo. Abrir un período de información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e anunciarase, ademais, no xornal Faro de Vigo. Durante o devandito período quedará o expediente á disposición de calquera persoa que queira examinalo ou obter copias para efectos da presentación das alegacións que se consideren pertinentes, estando á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello (https://viladecruces.sedelectronica.es/), no Portal de Transparencia.

Terceiro. Suspender o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto do plan cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

A duración da suspensión é de dous anos, contados desde a aprobación inicial, extinguíndose, en todo caso, coa aprobación definitiva do plan.

As ditas áreas afectadas pola suspensión son as seguintes:

Parcela

Titularidade

municipal (concello de Vila de Cruces)

Situación

lugar de Añobre, parroquia de Añobre, Vila de Cruces

Localización

polígono 508, parcela 739

Referencia catrastral

36059H508007390000ER

Superficie

2.933 m2

Lindeiros

norte: camiño

sur: camiño

leste: Jesús Juan Bautista Amosa Lareo

oeste: camiño

Esta suspensión publicarase conxuntamente coa aprobación inicial.

Cuarto. De ser o caso, notificar individualmente o trámite de información pública a todas as persoas titulares catastrais dos terreos resulten afectados.

Quinto. Solicitar ás administracións afectadas pola súa competencia sectorial para que emitan o correspondente informe para os efectos regulados na lexislación sectorial. Os informes sectoriais autonómicos deberán ser emitidos no prazo máximo de tres meses, transcorrido o cal se entenderán emitidos con carácter favorable.

O que se publica co fin de que, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará á disposición de calquera persoa na sede electrónica deste concello (https://viladecruces.sedelectronica.es/), no Portal de Transparencia (2.Normativa-2.2 Proxectos en tramitación).

Vila de Cruces, 23 de novembro de 2018

Jesús Otero Varela
Alcalde