Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2018 Páx. 52174

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 167/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 167/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Muíño Turnes contra Inaltel, S.A. e o Fogasa, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Santiago de Compostela o 19 de novembro de 2018.

Parte dispositiva

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a Daniel Muíño Turnes con Intaltel, S.A., sen proceder fixación de indemnización de danos e perdas derivados da devandita extinción.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o ordenado. Dou fe.

O/a xuíz/a O/a letrado/a da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Inaltel, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza