Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2018 Páx. 52173

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 22/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 22/2018, seguido por instancia de María Cristina Insua Hermida contra Limpiezas y Mantenimiento de Coruña, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditaron o Auto polo cal se despacha execución e o Decreto de embargo do 18 de xullo de 2018 contra os cales pode interpor recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

Para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas y Mantenimiento de Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza