Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2018 Páx. 52175

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 117/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 117/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raquel Lojo Prol contra Cervecom Cervecería Santiago, S.L., Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2018.

Parte dispositiva

Declaro extinguida a data desta resolución a relación laboral que unía a Raquel Lojo Prol con Cervecom Cervecería Santiago, S.L., e condeno a executada a aboarlle a Raquel Lojo Prol a cantidade de 6.204 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, a suma de 46.459,5 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, cun resultado total de 52.663,5 euros.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa esta resolución facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

A maxistrada A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Cervecom Cervecería Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza