Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2018 Páx. 52176

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 236/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 236/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Marta Taboada Cancela contra a empresa Automóviles J. y M. Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., Ifer Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Talleres J. y M. Fernández, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva

Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Marta Taboada Cancela, fronte a Automóviles J. y M. Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., Ifer Coruña, S.L, SS Fernández Concesionario, S.L., Talleres J. y M. Fernández, S.L., parte executada, por importe de 4.763,63 euros en concepto de principal (desagregada: 3.550,61 + 10 % de xuros por mora: 1.183,87 + xuro legal: 29,15 euros), máis outros 476,36 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da Lei de axuizamento civil (LAC), quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da Lei de xurisdición social (LXS) e aos representantes dos traballadores da empresa debedora de conformidade co ordenado polo artigo 252 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, para interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos orzamentos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tivesen acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para impugnar, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 2 aberta en Banesto, conta número 1596 clave 64 N e deberá indicar no campo concepto, “Recurso” seguida do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social- Reposición”. Se efectuare diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase coa indicación no campo de observacións da data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Automóviles J. y M. Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., Ifer Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L.,Talleres J. y M. Fernández, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza