Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2018 Páx. 51986

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2514/2018-M).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 2514/2018

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 1082/2017 Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrentes: Mauricio Damián Vázquez Lescano

Avogado: Manuel Anxo Lamas Doo

Procurador: Xulio Xabier López Valcárcel

Recorridos: Fogasa, Pescados de Galicia Costamer, S.L., Pescados Mar de Fondo, S.L.

Avogados: letrado de Fogasa, (…), (…)

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2514/2018 desta sección, seguido por instancia de Mauricio Damián Vázquez Lescano contra Fogasa, Pescados de Galicia Costamer, S.L., Pescados Mar de Fondo, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos:

Que estimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Manuel Anxo Lamas Doo, en nome e representación de Mauricio Damián Vázquez Lescano, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 dos de Vigo, en data 24 de maio de 2018, en autos seguidos por instancia do recorrente fronte ás empresas Pescados de Galicia Costamer, S.L., Pescados Mar de Fondo, S.L., Pesca Núñez, S.L., Fres-Valdez, S.A. e Valgel Pescados Congelados, S.L., sobre despedimento, nos cales foi parte o Fondo de Garantía Salarial, debemos condenar e condenamos as empresas codemandadas a que lle aboen ao demandante, de forma solidaria e en concepto de salarios de tramitación devindicados desde a data do despedimento ata a da sentenza de instancia, a cantidade de sete mil novecentos corenta euros (7.940 euros), mantendo do resto dos pronunciamientos contidos na sentenza impugnada.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorporase o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma ás empresas Pescados de Galicia Costamer, S.L., Pescados Mar de Fondo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza