Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2018 Páx. 51988

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 2404/2018 BPB).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 2404/2018

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 508/2014 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Recorrente: José Ramón Rodríguez Ameneiro

Avogado: Alejandro Salvado Montoiro

Recorridos: Fiatc Mutua de Seguros y Reaseguros

Avogado: José Luis Villar Pispieiro

Procuradora: María Soledad Sánchez Silva

Recorridos: Camilo Carballal, S.L., Manuel Carballal Pazos, Camilo Carballal Pazos, Ramón Carballal Pazos (BOP)

Recorridos: administración concursal Camilo Carballal (Ernst & Young), r/ Cantón Pequeno, 13, 7º B, edificio Ocaso, 15003 A Coruña

Recorrido: Fogasa

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2404/2018 desta sección, seguido por instancia de José Ramón Rodríguez Ameneiro contra Fiatc Mutua de Seguros y Reaseguros, entidade Camilo Carballal, S.L., Manuel Carballal Pazos, Camilo Carballal Pazos, Ramón Carballal Pazos, sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal que segue:

«Decidimos.

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante José Ramón Rodríguez Ameneiro contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, nos presentes tramitados por instancia do recorrente fronte á empresa demandada Camilo Carballal, S.L., a entidade aseguradora Fiatc e os tamén demandados Camilo, Manuel e Ramón Carballal Pazos, así como a administración concursal (entidade Ernst & Young, S.L.) e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Modo de impugnacion. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ó 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á entidade Camilo Carballal, S.L., a Manuel Carballal Pazos, Camilo Carballal Pazos e Ramón Carballal Pazos, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza