Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2018 Páx. 51897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de novembro de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 36/73 e once máis).

Na sesión celebrada polo xurado o día 8 de novembro de 2018 figuran os seguintes acordos:

Monte de Pieiga (expediente 36/73), pertencente aos veciños do lugar de Pieiga, da parroquia de Negueira e monte de Bustelo (expediente 39/73), pertencente aos veciños do lugar de Bustelo, da parroquia de Negueira, ambos no termo municipal de Negueira de Muñiz. O día 24 de xullo de 2018 ten rexistro de entrada un escrito de Estrella Méndez Méndez, como secretaria da comunidade de Pieiga, en que achega un acordo de deslindamento practicado entre estas comunidades, canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz de Negueira de Muñiz; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 27 de agosto de 2018 emite un informe (núm. 63/18) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza. O monte de Pieiga queda cunha superficie de 108,7 hectáreas, e o monte de Bustelo, cunha superficie de 227,6 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Penalba e Alberío, Pico, Castro de Rei e Escachelada, Gramea, Crichal, Serra da Eireita e Chá (expediente 52/78), pertencente aos veciños da parroquia de Vilarbuxán no termo municipal de Bóveda, e monte de Cervela (expediente 133/75), pertencente aos veciños da parroquia de Cervela, no termo municipal do Incio. O día 4 de xuño de 2018 ten rexistro de entrada un escrito de José Manuel Rodríguez Rodríguez, como presidente da comunidade de Vilarbuxán, en que achega un acordo de deslindamento practicado entre estas comunidades, canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 25 de maio de 2018, perante o Xulgado de Paz de Bóveda; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 15 de xuño de 2018 emite un informe (núm. 54/18) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza. O monte Penalba e Alberío, Pico, Castro de Rei e Escachelada, Gramea, Crichal, Serra da Eireita e Chá queda cunha superficie de 104 hectáreas, e o monte de Cervela, cunha superficie de 290 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Penalba e Alberío, Pico, Castro de Rei e Escachelada, Gramea, Crichal, Serra da Eireita e Chá (expediente 52/78), pertencente aos veciños da parroquia de Vilarbuxán, e monte de Rubián (expedientes 48/78 e 8/2015), pertencente aos veciños da parroquia de Rubián, ambos no termo municipal de Bóveda. O día 4 de xuño de 2018 ten rexistro de entrada un escrito de José Manuel Rodríguez Rodríguez, como presidente da comunidade de Vilarbuxán, en que achega un acordo de deslindamento practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 25 de maio de 2018, perante o Xulgado de Paz de Bóveda; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 10 de xullo de 2018 emite un informe (núm. 53/18) no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza. O monte Penalba e Alberío, Pico, Castro de Rei e Escachelada, Gramea, Crichal, Serra da Eireita e Chá queda cunha superficie final de 83 hectáreas (tendo en conta a avinza practicada con Cervela), e o monte de Rubián, cunha superficie de 99 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte de Arriba e de Abaixo (expedientes 36/79 e 1/2013), pertencente aos veciños da parroquia de Goberno, e monte Rego de Paredes, Chemenea, Rego de Vitorna e Os Madorros e do Quinto (expediente 37/79), pertencente aos veciños da parroquia de Azúmara, ambos no termo municipal de Castro de Rei. O día 24 de maio de 2018 ten rexistro de entrada escrito de Daniel Pollán Cabana, como presidente da comunidade de Goberno, en que achega un acordo de deslindamento practicado entre estas comunidades, canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 16 de marzo de 2018, perante o Xulgado de Paz de Castro de Rei; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 6 de xullo de 2018 emite un informe (núm. 49/18) no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza. O monte de Arriba e de Abaixo queda cunha superficie de 56,7 hectáreas, e o monte Rego de Paredes, Chemenea, Rego de Vitorna e Os Madorros e do Quinto, cunha superficie de 85,1 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte de Nocedo (expediente 29/73), pertencente aos veciños da parroquia de Nocedo, e monte de Augas Mestas (expediente 32/73), pertencente aos veciños da parroquia de Augas Mestas, ambos no termo municipal de Quiroga. O día 8 de agosto de 2018 ten rexistro de entrada escrito de Álvaro Blanco Pena, como presidente da comunidade de Nocedo, en que achega un acordo de deslindamento practicado entre estas comunidades, canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 16 de xullo de 2018, perante o Xulgado de Paz de Quiroga; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 25 de outubro de 2018 emite un informe (núm. 70/18) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza. O monte de Nocedo queda cunha superficie de 929 hectáreas, e o monte de Augas Mestas, cunha superficie de 325 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte de Nocedo (expediente 29/73), pertencente aos veciños da parroquia de Nocedo, e monte Conchada (expediente 111/75), pertencente aos veciños da parroquia de Quiroga, ambos no termo municipal de Quiroga. O día 8 de agosto de 2018 ten rexistro de entrada escrito de Álvaro Blanco Pena, como presidente da comunidade de Nocedo, en que achega un acordo de deslindamento practicado entre estas comunidades, canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 16 de xullo de 2018, perante o Xulgado de Paz de Quiroga; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 25 de outubro de 2018 emite un informe (núm. 71/18) no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza. O monte de Nocedo queda cunha superficie de 883 hectáreas (tendo en conta a avinza con Augas Mestas), e o monte Conchada, cunha superficie de 309 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 23 de novembro de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo