Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2018 Páx. 51607

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 235/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 235/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Seoane Fernández contra Nogasa Servicios y Obras, S.A., Escribanos del Gordon, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa partes dispositivas son do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2018.

Parte dispositiva

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da sentenza nº 234/2018, do 21 de maio de 2018, ditada no procedemento ordinario 589/2016 a favor da parte executante, Óscar Seoane Fernández, contra Nogasa Servicios y Obras, S.A., Escribanos del Gordon, S.L. e Fogasa, parte executada, en forma solidaria por importe de 4.601,17 euros en concepto de principal (3.832,56 euros en concepto de salarios, paga extraordinaria de Nadal, paga extra, vacacións e 768,61 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 460,11 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada A letrada da Administración de xustiza»

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2018.

Parte dispositiva

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Nogasa Servicios y Obras, S.A., Escribanos del Gordon, S.L. co fin de que, no prazo de dez días, aboen a cantidade de 4.601,17 euros en concepto de principal (3.832,56 euros en concepto de salarios, paga extraordinaria de Nadal, paga extra, vacacións e 768,61 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 460,11 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander, co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0235 18), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se embargarán os seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Nogasa Servicios y Obras, S.A., Escribanos del Gordon, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifesten unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificaren, poderán ser sancionados, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presenten a relación dos seus bens, inclúan nela bens que non sexan seus, exclúan bens propios susceptibles de embargo ou non desvelen as cargas e gravames que pesen sobre eles, e poderánselles impor tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Nogasa Servicios y Obras, S.A., Escribanos del Gordon, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza