Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2018 Páx. 51610

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 182/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 182/2018 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Jasmín Domínguez Calvo contra José Antonio Iglesias Garaboa, Iglesias Garaboa y Otra, S.C., Fogasa, ditouse a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decreto

Letrado da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela, o vinte e nove de outubro de dous mil dezaoito.

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar o executado José Antonio Iglesias Garaboa, Iglesias Garaboa y Otra, S.C. en situación de insolvencia total por importe de 2.119,88 euros en concepto de principal (1.679,16 euros en concepto de salarios debidos e 440,72 en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 211,98 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva para efectos publicitarios a declaración de insolvencia de José Antonio Iglesias Garaboa e Iglesias Garaboa y Otra, S.C., procédase á súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xusticia