Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2018 Páx. 51612

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 510/2017).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 510/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Bueno Salgado contra Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2018

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en substitución extraordinaria no Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 510/2017, seguidos por instancia de Antonio Bueno Santiago, representado e asistido pola letrada Sra. Romero Salgado, contra a entidade Fidel Derivados Cárnicos, S.L., e Fogasa, que non comparecen malia estar debidamente citados, sobre reclamación de cantidade.

Decido

Que estimando a demanda presentada por instancia de Antonio Bueno Santiago, representado e asistido pola letrada Sra. Romero Salgado, contra a entidade Fidel Derivados Cárnicos, S.L., e Fogasa, que no comparecen malia estar debidamente citados, debo condenar a entidade demandada a aboar á parte demandante a suma de 3.396,83 euros, en concepto de salarios debidos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade, percibidos desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese as partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación prerante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banesto a nome desta oficina xudicial, co núm. 1596, clave 65, debendo indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 social suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario ao primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina judicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insértese nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fidel Derivados Cárnicos, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advítese o destinatario de que as siguientes comunicacións se farán fixando copia da resolución o da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o supuesto da comunicación das resolución que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza