Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2018 Páx. 51281

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1675/2016-CL).

EXE. Exequatur 1675/2016-CL

Procedemento de orixe: sobre outras materias

Demandante: Andrés Felipe Cepeda Malagón

Procuradora: María Dolores Bravo Cores

Avogado: Miguel Freire Estévez

Demandada: María Magdalena Morales López

Cédula de notificación:

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Auto:

Xuíza: María Dolores Rodríguez Leirós.

Vigo, 12 de novembro de 2018.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Parte dispositiva:

Recoñécese a eficacia en España da escritura pública de divorcio por mutuo acordo dos cónxuxes nº 00689 outorgada con data do 21 de abril de 2012 na Notaría 60 do Círculo de Bogotá, D.C., na República de Colombia, pola cal se disolve por divorcio o matrimonio contraído o día 28 de xaneiro de 2012 na Notaría 60 do Círculo de Bogotá, D.C., na República de Colombia, entre María Magdalena Morales López e Andrés Felipe Cepeda Malagón.

Esta resolución é firme.

Comuníquese ao Rexistro Civil Central para a súa inscrición.

Así o acorda, manda e asina María Dolores Rodríguez Leirós, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido. Dou fe.

A xuíza A letrada da Administración de xustiza».

Como consecuencia do ignorado paradoiro de Mª Magdalena Morales López, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 14 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza