Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2018 Páx. 51283

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (288/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 288/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Peteiro Mosteiro contra Confecciones Deus, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Teresa Peteiro Mosteiro contra Confecciones Deus, S.L. e a administración concursal de Confecciones Deus, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Confecciones Deus, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 953,71 € brutos por salarios devindicados en febreiro de 2016, incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Confecciones Deus, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza