Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2018 Páx. 51353

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2018, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para a formalización das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-300, Vilariño-polígono do Salnés, punto quilométrico 9+310-10+270.

En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, e do artigo 52, regra 4ª, da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, este servizo efectuou o pagamento mediante transferencia bancaria ou consignou o importe dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación correspondentes aos expedientes de expropiación forzosa instruídos para o termo municipal de Cambados con motivo das obras do proxecto de construción itinerario peonil e ciclista na PO-300, Vilariño-polígono do Salnés, p.q. 9+310-10+270, no concello de Cambados, coa clave PO/16/062.06, aos propietarios dos predios cuxa relación figura exposta no taboleiro de anuncios do concello referido.

Segundo os artigos 52 e 55 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, convócase ao acto de formalización das actas de ocupación o cal terá lugar:

Termo municipal: Cambados.

Lugar: Casa do Concello de Cambados.

Data: 20 de decembro de 2018, ás 11.00 horas.

No mesmo acto ofertaránselles aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.

Este acordo faise público, para xeral coñecemento, advertíndolles aos titulares que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado, e que non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, para o cal deberán achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros, e se que deberán identificar co documento nacional de identidade.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase o anuncio no Boletín Oficial del Estado, o que lles servirá de notificación aos propietarios descoñecidos e dos cales se ignore o lugar de notificación, ou ben se, tentada esta, non se puidese efectuar.

Pontevedra, 16 de novembro de 2018

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra