Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2018 Páx. 51352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 30 de novembro de 2018 pola que se notifica a incoación do expediente de restitución e reposición da legalidade POL/44/2018.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 15 de outubro de 2018, incoar expediente de restitución e reposición da legalidade, entre outros, aos herdeiros de Manuel Fervenza Costa por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar da illa de San Bartolomeu, A Ribeira, parroquia de Meira, termo municipal de Moaña (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da incoación aos herdeiros de Manuel Fervenza Costa, mediante a presente cédula e, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a dita incoación mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da incoación que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba en que se concreten os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística