Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2018 Páx. 51141

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (286/2016).

Eu, Ana Belén Jorge Rogel, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá se ditou sentenza, con data do 22 de xullo de 2016, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 00286/2016

Peza: 146/2015

Proc. orixe: xuízo ordinario núm. 280/2013

Xulgado de procedencia: Primeira Instancia número 8 da Coruña

Deliberación o día 13 de abril de 2016

A Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou, en nome do rei, a seguinte:

Sentenza nº 286/2016

Maxistrados: Julio Tasende Calvo, Carlos Fuentes Candelas e Rafael Colina Garea

A Coruña, 22 de xullo de 2016.

No recurso de apelación civil número 146/2015, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 8 da Coruña no xuízo ordinario número 280/2013, sobre realización de obras para reparación de danos, seguido entre partes, como apelante/demandada, Carlota Robelo Pardo, representada polo procurador Sr. Painceira Cortizo; como apelada/demandante: comunidade de propietarios da r/ Federico Tapia, nº 51, representada polo/pola procurador/a Sr./Sra. Ramos Rodríguez; como parte non comparecida: Editaizo, S.L. e Alfonso José Fernández Suárez, e como parte declarada en rebeldía: Promociones Zoyta, S.L. Foi relator Carlos Fuentes Candelas.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Resolución.

Que, con estimación parcial do recurso de apelación da codemandada Carlota Rovelo Pardo, revogamos en parte a sentenza apelada no sentido de suprimir da resolución e absolver a antes citada dos defectos relativos ao piso-vivenda 6º A, e confirmamos os restantes pronunciamentos, sen facer mención especial das custas da segunda instancia, e a devolución do depósito para recorrer.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de casación por interese casacional e, de ser o caso, conxuntamente recurso extraordinario por infracción procesual, para ante a Sala Primeira do Tribunal Supremo, que se deberá interpor ante esta Sección Quinta mediante escrito de avogado e procurador, no prazo de 20 días, cos demais requisitos de admisibilidade previstos na lei e a súa xurisprudencia.

Así, por esta nosa sentenza de apelación, da cal se levará á peza un testemuño e se unirá o orixinal ao libro de sentenzas, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Promociones Zoyta, S.L., expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 31 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza