Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2018 Páx. 51139

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5271/2016).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5271/2016 desta sección, seguido por instancia de Alberto Vázquez García contra Fogasa, Jandei, S.L., Galery Engineering, S.L.N.E., JNM Services Company, S.L., Jandei Security, S.L., Javier Jesús Núñez Montero sobre incidentes de execución, ditou, con data do 26 de setembro de 2018, a Sala do Social do Tribunal Supremo a seguinte resolución:

«A Sala acorda: declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto pola letrada. Natalia Erviti Álvarez, en nome de Alberto Vázquez García contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 21 de abril de 2017, no recurso de suplicación número 5271/2016, interposto por Alberto Vázquez García, fronte ao auto ditado polo Xulgado do Social número 2 dos da Coruña do 21 de xuño de 2016, na execución número 178/2014, seguida por instancia de Alberto Vázquez García contra Jandei, S.L., Galery Engineering, S.L.N.E., JNM Services Company, S.L., Jandei Security, S.L., Javier Jesús Núñez Montero e o Fondo de Garantía Salarial.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordan, mandan e asinan os maxistrados indicados á marxe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Galery Engineering, S.L.N.E., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza