Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2018 Páx. 51048

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 4 de xullo de 2018 pola que se convoca o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia, núm. 134, do 13 de xullo de 2018, procede en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, corrixir o dito erro, así no anexo III relativo aos exercicios na páxina 33449, onde di: «As marcas máximas (en minutos e segundos) exixidas para a superación da proba son: homes: 7’40’’, mulleres: 8’20’’», debe dicir: «As marcas máximas (en segundos) exixidas para a superación da proba son: homes: 7,40”, mulleres: 8,20”».