Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2018 Páx. 51049

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2018 pola que se convoca concurso público para a provisión de prazas de profesorado contratado doutor (CD1801).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante, LOU, e no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, e a teor do establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro (DOG do 2 de febreiro), da Xunta de Galicia, conforme os acordos adoptados polo Consello de Goberno, tras obter a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e publicada no Diario Oficial de Galicia a oferta de emprego pública do persoal docente e investigador para o ano 2017 (Resolución do 19 de decembro de 2017, DOG do 21 de decembro, e Resolución do 29 de xaneiro de 2018, DOG do 19 de febreiro),

Esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolveu convocar a concurso a/as praza/s que figura no anexo I da presente resolución, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

Primeira. Normas xerais

Este concurso rexerase pola LOU, polo Decreto 266/2002, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), en diante, Lei 39/2015, a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE do 2 de outubro), en adiante Lei 40/2015, no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (BOE do 31 de outubro), en diante, EBEP, os estatutos da Universidade de Vigo, polo Regulamento de profesorado da Universidade de Vigo aprobado polo Claustro Universitario o 24 de xullo de 2012, e pola normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios e do procedemento de selección de profesorado contratado doutor con vinculación permanente na Universidade de Vigo, aprobada polo Consello de Goberno o 8 de outubro de 2008, polas bases desta convocatoria e demais normativa que resulte de aplicación.

Segunda. Requisitos das persoas candidatas

2.1. Para poder ser admitidas á realización destas probas selectivas, as persoas que sexan aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a formalización do contrato:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles Estados, aos cales, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras nos termos establecidos no EBEP.

Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, das persoas con nacionalidade española e de quen sexa nacional doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros Estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España.

Os nacionais de Estados distintos dos apuntados anteriormente poderán tamén participar nos concursos e ser contratados sempre que se atopen legalmente en España, dispoñendo do documento que lles habilite para residir e acceder sen limitacións ao mercado de traballo.

b) Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión da titulación de doutor ou doutora. No caso de títulos obtidos no estranxeiro deberá achegarse credencial que acredite a súa homologación ou o seu recoñecemento para o exercicio como docente de universidade.

d) Acreditar a avaliación positiva pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación ou pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia. Quen pertenza aos corpos docentes universitarios e as persoas candidatas que se atopen habilitadas ou acreditadas para eles resultarán admitidas nos termos e condicións establecidos na Resolución da Dirección Xeral de Universidades do 18 de febreiro de 2005 (BOE do 4 de marzo).

e) Ter aboadas as taxas por dereitos de exame dentro do prazo de presentación de solicitudes.

f) Non ter sido separado do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos. As persoas aspirantes cuxa nacionalidade non sexa a española deberán acreditar non estaren inhabilitados ou en situación equivalente, nin estar sometidas a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

g) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas correspondentes á praza.

Terceira. Solicitudes

3.1. A solicitude de participación farase cubrindo o formulario integrado na aplicación web da Universidade de Vigo. Para presentar a solicitude de participación, as persoas interesadas deberán cubrir o formulario web da solicitude que se atopa establecido especificamente para a praza e corpo correspondente, dispoñible no enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, no prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

3.2. Unha vez cuberta e validada a solicitude a través da aplicación web, esta deberá ser impresa, asinada e presentada no Rexistro Xeral (Reitoría, Campus Universitario, 36310 Vigo), ou nos rexistros auxiliares da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra, Campus de Ourense e r/ Torrecedeira, nº 86, de Vigo), ou de acordo coas restantes formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

As solicitudes remitidas a través dunha oficina de Correos presentaranse en sobre aberto para que o persoal de Correos lle estampe a data de presentación na solicitude antes de ser certificada. O enderezo postal será o seguinte:

Rexistro Xeral da Universidade de Vigo

Edificio Exeria-Servizos Centrais

Campus Lagoas-Marcosende, s/n

36310 Vigo (Pontevedra)

As solicitudes remitidas desde o estranxeiro deberán cursarse a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, debendo figurar igualmente a data da súa presentación na solicitude. Neste caso, a presentación da solicitude comunicarase por correo electrónico á conta consultapdi@uvigo.es, enviando copia desta despois de presentala.

3.3. A publicación dos actos que integran este procedemento no taboleiro de anuncios do Edificio Exeria-Servizos Centrais servirá de notificación para todos os efectos, de acordo co previsto no artigo 45.1 da Lei 39/2015.

Con independencia dos lugares en que regulamentariamente deban publicarse, tanto a convocatoria como os actos e acordos que integran este proceso selectivo publicaranse a título divulgativo na páxina electrónica da Universidade de Vigo, no seguinte enderezo https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index.

3.4. Os dereitos de exame para cada praza CD1801 serán de 41,56 euros. A liquidación de taxas realizarase a través da aplicación web da Universidade de Vigo habilitada para a participación no concurso de acceso. Poderá aboarse o importe correspondente no período indicada na folla de liquidación, ben en efectivo ou con tarxeta.

En efectivo farase nalgunha das entidades bancarias colaboradoras coa Universidade de Vigo: Abanca, Banco Santander ou CaixaBank. Con tarxeta realizarase a través da aplicación informática que permitirá seleccionar esta opción, sendo preciso seguir con atención o proceso ata súa finalización, comprobando que o pagamento foi feito correctamente.

Segundo o disposto no artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % e os membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Aplicarase unha bonificación do 50 % na taxa de inscrición aos membros de familias numerosas de categoría xeral. Nos tres supostos será necesario que coa solicitude presenten as respectivas certificacións que o acrediten.

Así mesmo, terán unha bonificación do 50 % da taxa as persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data de publicación da presente convocatoria e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego, aspectos que deberán ser certificados pola oficina dos servizos públicos de emprego.

A falta de pagamento dos dereitos de exame no prazo de presentación de instancias non é reparable e determinará a exclusión definitiva do concurso de quen sexa aspirante, agás que se acredite o pago ou a exención do pagamento da citada taxa.

3.5. Durante o proceso de inscrición descrito na base 3.1 achegarase nun fichero pdf os seguintes documentos, sendo causa de exclusión a falta dalgún deles:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade. Quen sexa aspirante, non posúa a nacionalidade española e teña dereito a participar deberá presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo de quen sexa nacional doutro Estado co que teña o dito vínculo. Así mesmo, deberá presentar declaración xurada ou promesa de non estar separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Fotocopia do título de doutor ou doutora. Cando corresponda, deberá acompañarse da credencial de homologación ou recoñecemento profesional.

c) Fotocopia da credencial da avaliación positiva da súa actividade docente e investigadora expedida pola axencia ou órgano de avaliación competente. A persoa que sexa funcionaria dos corpos docentes universitarios deberá presentar certificación de servizos prestados acreditativa de tal condición e as persoas candidatas que se atopen habilitadas copia da credencial que o acredite.

d) No suposto de ser docente dunha praza de igual categoría deberá presentar folla de servizos orixinal que acredite o seu desempeño.

e) Xustificante, se é o caso, da exención parcial ou total de taxas.

3.6. Os erros de feito que se puidesen advertir poderanse emendar en calquera momento, de oficio ou por petición da persoa interesada. Quen sexa aspirante queda vinculado aos datos que fixese constar na súa solicitude, podendo unicamente demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.1. para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, excepto causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada pola universidade.

Cuarta. Admisión de aspirantes

4.1. No prazo máximo de 15 días hábiles desde o remate do prazo de presentación de solicitudes, o reitor da Universidade de Vigo ditará unha resolución aprobando a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, con indicación das causas de exclusión.

4.2. As persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o reitor contra a dita resolución, no prazo de dez días hábiles contado desde o día seguinte ao da súa publicación. Posteriormente ditarase unha resolución aprobando a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas. As reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva.

Quinta. Comisións de acceso

5.1. As comisións de acceso deberán procurar unha composición equilibrada entre mulleres e homes, agás cando non sexa posible por razóns fundadas e obxectivas, debidamente motivadas. De acordo co que establece o artigo 83 dos estatutos da Universidade de Vigo, a composición das comisións é a que figura no anexo II desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no artigo 30 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.

Agás petición expresa da presidencia e debidamente autorizada, cada comisión terá a súa sede e actuará no centro en que teña a súa sede o departamento a que se adscriba a praza convocada.

A universidade fará públicos coa publicación da convocatoria os currículum vítae dos membros das comisións de acceso no enderezo da internet: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index.

O nomeamento como membro dunha comisión é irrenunciable, agás cando concorra causa xustificada, debidamente alegada pola persoa interesada e así apreciada por esta reitoría. Os membros da comisión deberán absterse de actuar e poderán ser recusados nos casos e polos motivos previstos no artigo 23 da Lei 40/2015. Resolta a renuncia, a abstención ou a recusación, as persoas afectadas serán substituídas polos respectivos suplentes e, na súa falta, por orde correlativa e en último caso resolverá o reitor.

5.2. As comisións deberán constituírse no prazo dun mes desde a publicación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas. Transcorrido o prazo sen que se constituíse a comisión correspondente, o reitor procederá á substitución da persoa que exerza a presidencia titular.

5.3. A constitución de cada comisión exixirá a asistencia de cinco dos seus membros, titulares ou suplentes, se é o caso. A presidencia, unha vez realizadas as consultas pertinentes cos restantes membros, convocará a quen sexa membro titular e, se é o caso, suplente, cunha antelación mínima de dez días hábiles, fixando lugar, data e hora para proceder ao acto de constitución da comisión, que poderá realizarse por calquera dos procedementos que permitan os medios tecnolóxicos dispoñibles, neste suposto quedará recollido na acta tal circunstancia. Os membros titulares serán substituídos polos seus respectivos suplentes, en primeiro lugar, ou por orde correlativa.

No acto de constitución a comisión establecerá os criterios de valoración do concurso adecuados ao perfil da praza e faraos públicos no taboleiro de anuncios do lugar onde se celebren as probas, antes do acto de presentación dos candidatos e candidatas.

5.4. Unha vez constituída a comisión, en caso de ausencia da persoa que exerza a presidencia será substituída polo catedrático ou catedrática de universidade con maior antigüidade que teña recoñecidos, polo menos, dous tramos de investigación.

5.5. Para que a comisión poida actuar validamente requirirase a asistencia de, polo menos, tres dos seus membros entre os que figurarán obrigatoriamente as persoas que ocupen a presidencia e a secretaría. Os membros da comisión que estivesen ausentes da proba cesarán en tal condición, sen prexuízo das responsabilidades en que puidesen ter incorrido.

5.6. Á secretaria de cada comisión corresponderanlle as actuacións administrativas e a xestión económica propias da comisión, auxiliada polo persoal de administración e servizos do departamento a que estea adscrita a praza.

5.7. Durante o desenvolvemento do concurso, a comisión resolverá as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que proceda nos casos non previstos nelas. En todo momento a súa actuación axustarase ao disposto na Lei 39/2015 e a Lei 40/2015.

Sexta. Acto de presentación e proba

6.1. A presidencia da comisión convocará a quen participe no concurso ao acto de presentación cunha antelación mínima de dez días hábiles, indicando lugar e hora para realizar o acto de presentación.

6.2. No acto de presentación, que será público, quen sexa concursante entregará:

a) Currículum vítae por sextuplicado, que deberá axustarse ao modelo que se achega como anexo III, en que detallarán os seus méritos, historial académico docente e investigador.

b) O seu proxecto docente e investigador adecuado ao perfil do concurso, tamén por sextuplicado.

c) Un exemplar das publicacións e dos documentos acreditativos do consignado no currículum vítae, con independencia de que a comisión poida solicitar documentación complementaria acreditativa orixinal ou compulsada.

6.3. No acto de presentación determinarase, mediante sorteo, a orde de actuación das persoas candidatas, e a comisión fixará e publicará no taboleiro, o lugar, a data e a hora de comezo da proba, a cal deberá iniciarse no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día do acto de presentación. Este prazo poderá ser renunciable por escrito polas persoas concursantes. Igualmente, a comisión fixará o prazo durante o que poderán examinar a documentación presentada polas restantes persoas que concursen.

6.4. A comisión valorará exclusivamente os méritos que, sendo alegados no currículum vítae por quen sexa aspirante, estean debidamente xustificados, sempre referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

6.5. Os concursos realizaranse en dependencias da Universidade de Vigo. Constarán dunha única proba, que será pública e que consistirá na exposición oral, durante un tempo mínimo de trinta minutos e máximo de dúas horas, dos méritos e historial académico docente e investigador, así como do proxecto docente e investigador presentado. A continuación, a comisión debaterá co candidato ou candidata durante un tempo máximo de dúas horas sobre os seus méritos, o seu proxecto docente e investigador e a adecuación destes ao perfil da praza obxecto de concurso.

6.6. Finalizada a proba, cada membro da comisión entregaralle á presidencia un informe razoado axustado aos criterios previamente fixados, de cada unha das persoas que concursen, con expresión explícita de voto favorable ou desfavorable.

6.7. Para superar a proba é necesario obter, polo menos, tres votos favorables dos membros da comisión. De non acadar ningunha candidatura polo menos tres votos favorables, o proceso poderá concluír coa proposta de non provisión, que deberá ser suficientemente motivada.

6.8. A proposta de provisión de prazas realizarase con base nos votos favorables recibidos dos membros da comisión. En caso de empate recorrerase á votación, sen que sexa posible a abstención. De persistir o empate, dirimirá o voto da presidencia.

Sétima. Proposta, presentación de documentos e formalización de contratos

7.1. A comisión elevará ao reitor, motivadamente e con carácter vinculante, a relación de todas as persoas que superen a proba por orde de preferencia. A comisión poderá propor a non provisión da praza xustificando esta decisión. Este acordo publicarase no centro onde se celebre a proba e servirá de notificación ás persoas interesadas para todos os efectos.

7.2. No prazo dos tres días hábiles seguintes ao de finalización da súa actuación, a secretaría da comisión entregará no Servizo de Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo a documentación completa relativa ás súas actuacións e un exemplar da documentación presentada por cada persoa que concursase.

7.3. As persoas propostas para a provisión das prazas deberán presentar no prazo dos vinte días hábiles seguintes ao de publicación da proposta da comisión no lugar de celebración da proba, nos lugares e conforme ao procedemento previsto na base 3.2, os seguintes documentos:

a) A documentación recollida na base 3.5: fotocopia do documento de identidade, fotocopia compulsada do título de doutor ou doutora, fotocopia compulsada da acreditación e folla orixinal da universidade ou organismo para os aspirantes que non pertenzan á Universidade de Vigo.

b) Declaración xurada ou promesa de non incorrer en incompatibilidade segundo o establecido na Lei 53/1984, do 26 de setembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas (BOE do 4 de xaneiro de 1985), en diante, Lei 53/1984.

c) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos de conformidade co establecido no artigo 56.1.d) do EBEP.

No caso de ser nacional doutro Estado, acreditar non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

d) Certificado médico oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que lle incapacite para o desempeño das funcións correspondentes a docente de universidade.

Quen teña a condición de funcionario de carreira estará exento de xustificar e presentar os documentos das alíneas b) e c), tendo que presentar certificado (folla de servizos prestados) da universidade ou organismo de que dependa, que acredite a súa condición e as circunstancias que consten na folla de servizos. De acordo coa base 3.3 d), non será necesario o dito certificado cando xa se achegase coa solicitude de participación.

7.4. O reitor da Universidade de Vigo efectuará o nomeamento como profesor contratado doutor ou como profesora contratada doutora das persoas propostas pola comisión nun número delas que non exceda o número de prazas convocadas a concurso, unha vez que acheguen a documentación requirida en prazo; de non facelo, o reitor procederá, se é o caso, ao nomeamento da seguinte persoa na orde proposta.

7.5. O nomeamento especificará a denominación da praza, categoría e área de coñecemento, e remitirase para a súa publicación ao Diario Oficial de Galicia.

7.6. No prazo máximo de vinte días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia, formalizarase a contratación da persoa proposta. A sinatura do contrato ten carácter persoal e intransferible. No caso de que non asine no prazo sinalado sen autorización expresa, considerarase que renuncia á praza e poderase proceder ao nomeamento da seguinte persoa na orde prevista na base 7.1.

7.7. O contrato terá duración indefinida e a xornada de traballo será a fixada con carácter xeral para os corpos docentes universitarios. O período de proba será de 6 meses, considerándose superado sempre que non conste obxección expresa contraria dentro dese prazo.

7.8. As referencias a necesidades e obrigacións docentes e ao centro de adscrición que poida conter a convocatoria non suporán para quen teña adxudicada a praza dereito de vinculación exclusiva a tal actividade docente e destino.

7.9. O contrato estará suxeito á Lei 53/1984. O seu incumprimento será causa de extinción do contrato.

Oitava. Comisión de reclamacións

8.1. Contra a proposta da comisión, as persoas admitidas no concurso poderán presentar reclamación ante o reitor da Universidade de Vigo, no prazo máximo de dez días hábiles, contado desde o seguinte ao da súa publicación no lugar de celebración da proba. Admitida a trámite a reclamación, suspenderase o nomeamento ata a súa resolución definitiva.

8.2. As reclamacións que se presenten anunciaranse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo, publicación que servirá de notificación para todos os efectos. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles para formular alegacións en orde ao contido da reclamación.

8.3. As reclamacións serán valoradas pola comisión de reclamacións da Universidade de Vigo que examinará o expediente relativo ao concurso, valorará os aspectos puramente procedimentais, e verificará o efectivo respecto, por parte da comisión de selección, da igualdade de condicións dos candidatos e candidatas e dos principios de mérito e de capacidade deles no procedemento do concurso de acceso. Resolverá no prazo máximo de tres meses, ratificando ou non a proposta reclamada. Neste último caso, retrotaerase o expediente ata o momento en que se produciu o vicio, debendo a comisión de selección formular nova proposta, tras o que o reitor ditará a resolución de acordo coa proposta da comisión de reclamacións.

8.4. As resolucións do reitor a que se refire o punto anterior deste artigo esgotan a vía administrativa e serán impugnables directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Novena. Devolución da documentación presentada polos/as aspirantes

A documentación presentada no concurso deberá ser retirada da Secretaría Xeral, logo de petición da persoa interesada, dentro do prazo de tres meses contado desde a finalización do procedemento ou, se é o caso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza. A documentación que non sexa retirada no dito prazo será destruída.

Décima. Protección de datos

De conformidade co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), os datos facilitados por quen sexa aspirante, pasarán a formar parte do ficheiro de persoal, cuxa finalidade é a xestión do persoal da Universidade de Vigo, xestión da docencia e investigación, xestión da participación do persoal nos servizos e actos administrativos, así como a xestión da participación dos candidatos e candidatas nos procesos de selección. Os datos contidos neste arquivo poderán ser tratados con fins históricos, estatísticos ou científicos.

Undécima. Norma derradeira

11.1. O tempo transcorrido entre a publicación da presente convocatoria e a resolución do concurso non poderá exceder de catro meses. Para estes efectos o mes de agosto considerarase inhábil.

11.2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, perante o reitor. Neste caso non se poderá interpoñer recurso contencioso- administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015.

Vigo, 19 de novembro de 2018

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO I

Datos das prazas

Praza nº 1.

Referencia:

CD1801-C02-412-DO-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A0412 Fisioloxía Vexetal

Departamento:

D00c02 Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo

Actividade docente e investigadora:

Produción vexetal

Biotecnoloxía vexetal

Centro de traballo:

302 Facultade de Bioloxía

Praza nº 2.

Referencia:

CD1801-C03-420-DO-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A0420 Xenética

Departamento:

D00c03 Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía

Actividade docente e investigadora:

Xenética I

Xenética II

Bioinformática

Centro de traballo:

302 Facultade de Bioloxía

Praza nº 3.

Referencia:

CD1801-C04-220-DO-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A0220 Ecoloxía

Departamento:

D00c04 Ecoloxía e Bioloxía Animal

Actividade docente e investigadora:

Xestión de espazos naturais e protexidos

Competencias persoais e profesionais en ambiente

Centro de traballo:

101 Facultade de Ciencias

Praza nº 4.

Referencia:

CD1801-C04-220-DO-TC-02

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A0220 Ecoloxía

Departamento:

D00c04 Ecoloxía e Bioloxía Animal

Actividade docente e investigadora:

Ecoloxía mariña

Centro de traballo:

203 Escola de Enxeñaría Forestal

Praza nº 5.

Referencia:

CD1801-H03-370-DO-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A0370 Filoloxías Galega e Portuguesa

Departamento:

D00h03 Filoloxía Galega e Latina

Actividade docente e investigadora:

O perfil correspóndese con materias da área

Centro de traballo:

105 Facultade de Ciencias da Educación

Praza nº 6.

Referencia:

CD1801-T01-305-DO-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A0305 Expresión Gráfica na Enxeñería

Departamento:

D00t01 Deseño na Enxeñaría

Actividade docente e investigadora:

O perfil correspóndese con materias da área

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial

Praza nº 7.

Referencia:

CD1801-T04-555-DO-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A0555 Enxeñería Química

Departamento:

D00t04 Enxeñaría Química

Actividade docente e investigadora:

Tecnoloxía ambiental

Operacións de separación avanzadas

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial

Praza nº 8.

Referencia:

CD1801-T04-555-DO-TC-02

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A0555 Enxeñaría Química

Departamento:

D00t04 Enxeñaría Química

Actividade docente e investigadora:

Química aplicada ao medio mariño II

Tecnoloxía ambiental

Centro de traballo:

311 Facultade de Química

Praza nº 9.

Referencia:

CD1801-T11-785-DO-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A0785 Tecnoloxía Electrónica

Departamento:

D00t11 Tecnoloxía Electrónica

Actividade docente e investigadora:

Hardware de aplicación específica

Centro de traballo:

106 E. S. de Enxeñaría Informática

Praza nº 10.

Referencia:

CD1801-T13-560-DO-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A0560 Enxeñaría Telemática

Departamento:

D00t13 Enxeñaría Telemática

Actividade docente e investigadora:

Informática: arquitectura de ordenadores

Centro de traballo:

305 Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Praza nº 11.

Referencia:

CD1801-T13-560-DO-TC-02

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A0560 Enxeñaría Telemática

Departamento:

D00t13 Enxeñaría Telemática

Actividade docente e investigadora:

Redes de ordenadores

Comunicación de datos

Centro de traballo:

305 Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Praza nº 12.

Referencia:

CD1801-T14-800-DO-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A0800 Teoría do Sinal e Comunicacións

Departamento:

D00t14 Teoría do Sinal e Comunicacións

Actividade docente e investigadora:

Infraestruturas ópticas de telecomunicación

Centro de traballo:

305 Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Praza nº 13.

Referencia:

CD1801-T15-570-DO-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A0570 Linguaxes e Sistemas Informáticos

Departamento:

D00t15 Informática

Actividade docente e investigadora:

Redes de computadoras I

Centro de traballo:

106 E. S. de Enxeñaría Informática

ANEXO II

Comisións de acceso

Praza nº 1: CD1801-C02-412-DO-TC-01.

Área: Fisioloxía Vexetal.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente

José Luis Acebes Arranz

Catedrático de universidade

Universidade de León

Secretario

Pedro Pablo Gallego Veigas

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1º

María Nuria Pedrol Bonjoch

Profesora contratada doutora

Universidade de Vigo

Vogal 2º

Juan Carlos Nóvoa Muñoz

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 3º

Mercedes Gallardo Medina

Profesora titular de universidade

Universidade de Vigo

Comisión suplente

Presidenta

Emilia Labrador Encimas

Catedrática de universidade

Universidade de Salamanca

Secretario

Ignacio Zarra Cameselle

Catedrático de universidade

Universidade de Santiago de Compostela

Suplente 1º

Gloria Revilla López

Catedráticoa de universidade

Universidade de Santiago de Compostela

Suplente 2º

María Elena Benito Rueda

Profesora titular de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 3º

Ester Pérez Lorences

Catedrática de universidade

Universitat de València (Estudi General)

Praza nº 2: CD1801-C03-420-DO-TC-01.

Área: Xenética.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidenta

María Paloma Morán Martínez

Catedrática de universidade

Universidade de Vigo

Secretario

Juan José Pasantes Ludeña

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1º

Antonio Carvajal Rodríguez

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 2º

Marta Vila Taboada

Profesora contratada doutora

Universidade da Coruña

Vogal 3º

Ana María Insua Pombo

Profesora contratada doutora

Universidade da Coruña

Comisión suplente

Presidenta

Eva García Vázquez

Catedrática de universidade

Universidade de Oviedo

Secretario

Emilio Rolán Álvarez

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 1º

Fernando González Candelas

Catedrático de universidade

Universitat de València (Estudi General)

Suplente 2º

Pablo Presa Martínez

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 3º

Antonio Barbadilla Prados

Profesor titular de universidade

Universitat Autónoma de Barcelona

Praza nº 3: CD1801-C04-220-DO-TC-01.

Área: Ecoloxía.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente

Sergi Sabater I Cortés

Catedrática de universidade

Instituto Catalán de Investigación del Agua

Secretario

Adolfo Cordero Rivera

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1º

Fátima Franco Múgica

Profesora contratada doutora

Universidade Autónoma de Madrid

Vogal 2º

Paz Ondina Navarret

Profesora titular de universidade

Universidade de Santiago de Compostela

Vogal 3º

Luís Navarro Echeverría

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Comisión suplente

Presidente

Arturo Elósegui Irurtia

Catedrático de universidade

Universidade del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea

Secretaria

Emma Fernández Covelo

Profesora titular de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 1º

Josefa Garrido González

Profesora titular de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 2º

Paloma Alcorlo Pagés

Profesora contratada doutora

Universidade Autónoma de Madrid

Suplente 3º

Francisco Javier Alarcón López

Profesor titular de universidade

Universidade de Almería

Praza nº 4: CD1801-C04-220-DO-TC-02.

Área: Ecoloxía.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente

Emilio Manuel Fernández Suárez

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Secretario

Emilio Marañón Sáinz

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1º

Carlos Manuel García Jiménez

Catedrático de universidade

Universidade de Cádiz

Vogal 2º

Celia Marrasé Peña

Escala de Investigadores Científicos

CSIC

Vogal 3º

Presentación Carrillo Lechuga

Catedrática de universidade

Universidade de Granada

Comisión suplente

Presidente

Fidel Echevarría Navas

Catedrático de universidade

Universidade de Cádiz

Secretaria

Eva María Teira González

Profesora contratada doutora

Universidade de Vigo

Suplente 1º

Ana Bartual Magro

Profesora titular de universidade

Universidade de Cádiz

Suplente 2º

Francisco Gómez Figueiras

Escala de Profesores de Investigación

CSIC

Suplente 3º

Nathalie Korbee Peinado

Profesora titular de universidade

Universidade de Málaga

Praza nº 5: CD1801-H03-370-DO-TC-01.

Área: Filoloxías Galega e Portuguesa.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente

Xosé Henrique Costas González

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Secretario

Aquilino Santiago Alonso Núñez

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1º

Ana Isabel Boullón Agrelo

Profesora titular de universidade

Universidade de Santiago de Compostela

Vogal 2º

María do Carmo Hermida Gulías

Profesora titular de universidade

Universidade de Santiago de Compostela

Vogal 3º

Ana Acuña Trabazo

Profesora contratada doutora

Universidade de Vigo

Comisión suplente

Presidente

Xosé Luis Regueira Fernández

Catedrático de universidade

Universidade de Santiago de Compostela

Secretaria

Elisa Fernández Rey

Profesora contratada doutora

Universidade de Santiago de Compostela

Suplente 1º

María Alvárez de la Granja

Profesora titular de universidade

Universidade de Santiago de Compostela

Suplente 2º

Francisco Dubert García

Profesor titular de universidade

Universidade de Santiago de Compostela

Suplente 3º

Xosé Antonio Fernández Salgado

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Praza nº 6: CD1801-T01-305-DO-TC-01.

Área: Expresión Gráfica na Enxeñaría.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente

José Enrique Ares Gómez

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Secretario

José Benito Bouza Rodríguez

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1º

Miguel Ángel Sebastián Pérez

Catedrático de universidade

Universidade Nacional de Educación a Distancia

Vogal 2º

Ana María Camacho López

Profesora titular de universidade

Universidade Nacional de Educación a Distancia

Vogal 3º

Pedro Ignacio Álvarez Peñín

Profesor titular de universidade

Universidade de Oviedo

Comisión suplente

Presidenta

María Rosario Domingo Navas

Catedrática de universidade

Universidade Nacional de Educación a Distancia

Secretaria

Cristina González Gaya

Profesora titular de universidade

Universidade Nacional de Educación a Distancia

Suplente 1º

Agustín Menéndez Díaz

Profesor titular de universidade

Universidade de Oviedo

Suplente 2º

Irene Sentana Gadea

Profesora titular de universidade

Universidade de Alicante

Suplente 3º

José Miguel Sánchez Sola

Profesor titular de universidade

Universidade de Cádiz

Praza nº 7: CD1801-T04-555-DO-TC-01.

Área: Enxeñaría Química.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente

Juan Carlos Parajó Liñares

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Secretario

Manuel Jesús Díaz Blanco

Catedrático de universidade

Universidade de Huelva

Vogal 1º

Encarnación Ruiz Ramos

Profesora titular de universidade

Universidade de Jaén

Vogal 2º

José Luís Alonso González

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 3º

Herminia Domínguez González

Catedrática de universidade

Universidade de Vigo

Comisión suplente

Presidente

José María Franco Gómez

Catedrático de universidade

Universidade de Huelva

Secretario

Gil Garrote Velasco

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 1º

Concepción Valencia Barragán

Profesora titular de universidade

Universidade de Huelva

Suplente 2º

Ana Moral Rama

Profesora titular de universidade

Universidade Pablo de Olavide

Suplente 3º

Begoña González de Prado

Profesora contratada doutora

Universidade de Vigo

Praza nº 8: CD1801-T04-555-DO-TC-02.

Área: Enxeñaría Química.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidenta

Teresa Vidal Lluciá

Catedrática de universidade

Universitat Politécnica de Catalunya

Secretaria

María Ángeles Sanromán Braga

Profesora titular de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1º

José Manuel Cruz Freire

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 2º

Claudio Cameselle Fernández

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 3º

María Asunción Longo González

Profesora titular de universidade

Universidade de Vigo

Comisión suplente

Presidente

Ramón Nóvoa Rodríguez

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Secretario

José Manuel Canosa Saa

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 1º

Ana María Rodríguez Rodríguez

Profesora contratada doutora

Universidade de Vigo

Suplente 2º

Andrés Moure Varela

Profesor contratado doutor

Universidade de Vigo

Suplente 3º

Begoña González de Prado

Profesora contratada doutora

Universidade de Vigo

Praza nº 9: CD1801-T11-785-DO-TC-01.

Área: Tecnoloxía Electrónica.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente

Perfecto Mariño Espiñeira

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Secretario

Miguel Ángel Domínguez Gómez

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1º

Juan José Rodríguez Andina

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 2º

José Fariña Rodríguez

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 3º

Francisco Poza González

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Comisión suplente

Presidenta

Marta María Hernando Álvarez

Catedrática de universidade

Universidade de Oviedo

Secretaria

María José Moure Rodríguez

Profesora titular de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 1º

María Dolores Valdés Peña

Profesora contratada doutora

Universidade de Vigo

Suplente 2º

María Loreto Rodríguez Pardo

Profesora titular de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 3º

Fernando Machado Domínguez

Profesor contratado doutor

Universidade de Vigo

Praza nº 10: CD1801-T13-560-DO-TC-01.

Área: Enxeñaría Telemática.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente

Luis Eulogio Anido Rifón

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Secretario

Martín Llamas Nistal

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1º

Juan Carlos Burguillo Rial

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 2º

Juan Manuel Santos Gago

Profesor contratado doutor

Universidade de Vigo

Vogal 3º

Manuel Caeiro Rodríguez

Profesor contratado doutor

Universidade de Vigo

Comisión suplente

Presidenta

M. Encarnación Pastor Martín

Catedrática de universidade

Universidade Politécnica de Madrid

Secretaria

Cristina López Bravo

Profesora titular de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 1º

Yolanda Blanco Fernández

Profesora contratada doutora

Universidade de Vigo

Suplente 2º

Luis Modesto Álvarez Sabucedo

Profesor contratado doutor

Universidade de Vigo

Suplente 3º

Lidia Fuentes Fernández

Catedrática de universidade

Universidade de Málaga

Praza nº 11: CD1801-T13-560-DO-TC-02.

Área: Enxeñaría Telemática.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente

José Juan Pazos Arias

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Secretario

Cándido Antonio López García

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1º

Sergio Herrería Alonso

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 2º

Cristina López Bravo

Profesora titular de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 3º

Yolanda Blanco Fernández

Profesora contratada doutora

Universidade de Vigo

Comisión suplente

Presidenta

Lidia Fuentes Fernández

Catedrática de universidade

Universidade de Málaga

Secretaria

Ana Fernández Vilas

Profesora titular de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 1º

Andrés Suárez González

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 2º

Raúl Fernando Rodríguez Rubio

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 3º

José Carlos López Ardao

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

Praza nº 12: CD1801-T14-800-DO-TC-01.

Área: Teoría do Sinal e Comunicacións.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente

Antonio Pino García

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Secretario

Francisco Javier Fraile Peláez

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1º

Laura Docio Fernández

Profesora contratada doutora

Universidade de Vigo

Vogal 2º

José Óscar Rubiños López

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 3º

Íñigo Cuiñas Gómez

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Comisión suplente

Presidente

José Capmany Francoy

Catedrático de universidade

Universidade Politécnica deValència

Secretaria

Inés García-Tuñón Blanca

Profesora titular de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 1º

Yolanda Campos Roca

Profesora titular de universidade

Universidade de Extremadura

Suplente 2º

María Vera Isasa

Profesora titular de universidade

Universidade de Vigo

Suplente 3º

Fernando Obelleiro Basteiro

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Praza nº 13: CD1801-T15-570-DO-TC-01.

Área: Linguaxes e Sistemas Informáticos.

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente

Florentino Fernández Riverola

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Secretaria

Rosalía Laza Fidalgo

Profesora contratada doutora

Universidade de Vigo

Vogal 1º

Eva María Lorenzo Iglesias

Profesora contratada doutora

Universidade de Vigo

Vogal 2º

José Ramón Méndez Reboredo

Profesor contratado doutor

Universidade de Vigo

Vogal 3º

María Reyes Pavón Rial

Profesora titular de universidade

Universidade de Vigo

Comisión suplente

Presidente

Juan Pavón Mestras

Catedrático de universidade

Universidade Complutense de Madrid

Secretaria

Ana María García Fornes

Profesora titular de universidade

Universidade Politécnica deValència

Suplente 1º

Daniel González Peña

Profesor contratado doutor

Universidade de Vigo

Suplente 2º

Miguel Reboiro Jato

Profesor contratado doutor

Universidade de Vigo

Suplente 3º

Jacinto González Dacosta

Profesor contratado doutor

Universidade de Vigo

ANEXO III

Currículum vítae

Datos persoais:

– Apelidos e nome.

– NIF.

– Data, localidade e provincia de nacemento.

– Enderezo, localidade e provincia de residencia.

– Teléfono e enderezo electrónico.

– Categoría actual como docente, centro, departamento e área de docencia actual.

– Data de resolución da habilitación e BOE de publicación.

Datos académicos:

1. Títulos académicos: clase, organismo e centro expedidor, data, cualificación se a houbese.

2. Postos docentes desempeñados: categoría, organismo ou centro, réxime de adicación, data de nomeamento ou contrato, data de cesamento.

3. Actividade docente desempeñada.

4. Actividade investigadora desempeñada.

5. Publicacións de libros e monografías: autoría ou coautoría/s, título, editor, editorial, data (de estar pendente de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial).

6. Traballos científicos publicados en revistas españolas ou estranxeiras: autoría ou coautoría/s, título, revista, volume, páxina, data (de estar pendente de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial).

7. Outras publicacións.

8. Outros traballos de investigación.

9. Proxectos de investigación subvencionados.

10. Comunicacións e relatorios presentadas a congresos: título, organizador, carácter nacional ou internacional, lugar, data.

11. Patentes.

12. Cursos e seminarios impartidos: centro, organismo, materia, actividade desenvolta, data.

13. Cursos e seminarios recibidos: centro, organismo, materia, data.

14. Bolsas, axudas e premios recibidos (posteriores á licenciatura).

15. Actividade en empresas e profesión libre.

16. Outros méritos docentes ou de investigación.

17. Outros méritos.

18. Cargos de xestión desempeñados: cargo, centro, período.

19. Dilixencia de referendo do currículum vítae.