Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2018 Páx. 50982

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 1086/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1086/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Álvaro Fraguela Pestaña contra Previgal Galicia, S.L., Tecnología y Diseño Modular, S.L., Metisar, S.L., Domun Modular, S.L., Maesvi Inversores, S.L., Osevi Soluciones Integrales, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse auto que rectifica a sentenza, cuxa parte dispositiva acorda:

«Rectificar o erro de transcrición contido na sentenza ditada nos presentes autos en data do 9 de outubro de 2018, e así, onde di Maesvi Inversores, S.L., debe dicir Maesvi Inversiones, S.L., e cuxa resolución será do seguinte teor literal, como se recolle, manténdose os restantes pronunciamentos.

“...Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Álvaro Fraguela Pestaña, contra as entidades Previgal Galicia, S.L., Tecnología y Diseño Modular, S.L., Metisar, S.L., Domun Modular, S.L., Maesvi Inversiones, S.L., Osevi Soluciones Integrales, S.L. e Sleep Mobel, S.L., en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as entidades Previgal Galicia, S.L., Tecnología y Diseño Modular, S.L., Metisar, S.L., Domun Modular, S.L., Maesvi Inversiones, S.L. e Osevi Soluciones Integrales, S.L., a que aboen ao demandante a cantidade de 10.931,63 euros brutos en concepto salarios devindicados entre xullo e outubro de 2017, ambos incluídos, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, con imposición das custas do presente procedemento...”.

Notifíquese esta resolución ás partes, advertindo que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso, sen prexuízo do que proceda fronte á sentenza ditada, cuxo prazo de anuncio e formulación se iniciará coa notificación da presente resolución.

Así, por este auto, mándao e asínao a maxistrada xuíza, Pilar Carreira Vidal. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Maesvi Inversores, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza