Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2018 Páx. 50980

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (767/2017).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 767/2017 por instancia de Javier Sanjuán Manivesa contra a empresa Rutas Coruña, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 7 de novembro de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase parcialmente a demanda formulada por Javier Sanjuán Manivesa fronte á empresa Rutas Coruña, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Rutas Coruña, S.L. ao traballador.

– Declárase extinguida a relación laboral que une o traballador coa mercantil Rutas Coruña, S.L. na data do despedimento.

Condénase a empresa Rutas Coruña, S.L. ao aboamento ao demandante da indemnización de cento dezaoito euros con cincuenta e oito céntimos de euro (118,58 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Rutas Coruña, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza