Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2018 Páx. 50972

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo

EDICTO (PO 701/2014).

Eu, Rosario Cantalejo García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, dou fe de que no procedemento ordinario número 701/2014 se ditou sentenza o 4.12.2017 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza

En Vigo o catro de decembro de dous mil dezasete.

Vistos por min, Miguel Melero Tejerina, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario seguido por instancia de Jesús Parente Martínez, representado pola procuradora Carolina Riobó Pérez e asistido pola letrada Bibiana Comesaña Alonso, contra Asefa Seguros, S.A., representada pola procuradora Mª José Toro Rodríguez e asistida polo letrado Paulino Araujo Vilar, e contra Glaisy Niuba Nápoles Rodríguez, en rebeldía procesual.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolución: desestimo integramente pretensións da parte demandante e absolvo a Asefa Seguros, S.A. e a Glaisy Niuba Nápoles Rodríguez, e condeno a Jesús Parente Martínez ao pagamento das custas procesuais.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que dite a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído un depósito de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Santander co número ES5500493569920005001274, concepto número 3640 0000 03 0070 16 seguido a continuación, e separado por un espazo, da indicación recurso, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado xuíz»

E para que conste e sirva de notificación a Glaisy Niuba Nápoles Rodríguez, ao descoñecerse o seu domicilio actual, expido o presente.

Vigo, 23 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza