Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2018 Páx. 50971

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo

EDICTO (XVB 804/2016).

Eu, Ana Rodríguez Puga, letrada da Administración de xustiza, por medio deste edicto anuncio que no procedemento de xuízo verbal 804/2016 deste xulgado se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

«Lugo, 28 de decembro de 2017.

Vistos por min, Mª Carmen López López, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo e o seu partido, estes autos de xuízo verbal número 804/2016 seguidos neste xulgado por instancia de Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música, baixo a representación e asistencia dos servizos xurídicos do Estado, contra Viajes Amado Lugo, S.A.U., en rebeldía procesual.

Resolvo que, estimando integramente a demanda interposta polo avogado do Estado en representación de Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música contra Viajes Amado Lugo, S.A.U., a condeno a aboarlle ao demandante a suma de 3.291,75 euros máis os xuros moratorios previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro.

Con imposición de custas á demandada.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que cabe recurso de apelación no prazo de vinte días.

Así a pronuncia e asina».

Como consecuencia do ignorado paradoiro da entidade Viajes Amado Lugo, S.A.U., expídese este edicto para lle que sirva de notificación en forma, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 13 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza