Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2018 Páx. 50775

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo

EDICTO (421/2017).

Eu, Ana Rodríguez Puga, letrada da Administración de xustiza, polo presente anuncio:

Que no procedemento de divorcio contencioso 421/2017 deste xulgado se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:

«En Lugo o 16 de xaneiro de 2018.

Vistos por min, Alberto Benéitez Antón, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 1 dos de Lugo, os autos de procedemento matrimonial contencioso número 421/2017, sobre divorcio, promovidos por José Antonio Gayoso Viana, representado polo procurador Sr. Vila Varela e asistido polo letrado Sr. González González, contra Dolores López Roibás, en rebeldía procesual, en virtude das funcións conferidas pola Constitución e en nome do rei dito a presente:

Decido que, debendo estimar e estimando a demanda interposta por José Antonio Gayoso Viana contra Dolores López Roibás:

1º. Decreto a disolución por causa de divorcio do matrimonio contraído polas partes o día 27 de agosto de 1983, cos efectos xerais legalmente previstos, indicados no fundamento xurídico segundo, parágrafo 1º, desta sentenza.

2º. Non procede a adopción de medidas reguladoras das consecuencias familiares do divorcio decretado, por razón de inexistencia de fillos menores dos divorciados e falta de solicitude delas respecto dos demais aspectos legalmente previdos para elas.

3º. Declaro que non procede facer especial imposición das custas procesuais a ningunha das partes.

Firme que sexa a presente resolución, se é o caso, comuníquese aos rexistros civís correspondentes para os efectos rexistrais oportunos.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo, no tempo e forma previstos no artigo 458 da LAC.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Dolores López Roibas, expídese o presente edicto para que sirva de notificación en forma, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 2 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza