Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2018 Páx. 50777

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 478/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 478/2018, seguido por instancia de José Alejandro Lamas Díaz contra Hostelería Heroica, S.L. e Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a Sentenza número 272/2018, do 31 de outubro, pola cal se estima a demanda e contra a cal cabe interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución esta á disposición dos interesados no propio xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Hostelería Heroica, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza