Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2018 Páx. 50773

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2468/2018-M).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 2468/2018

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 5/2016 Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: Ariel Gonzalo Cáceres Sambrán

Avogado: César Antonio Vázquez Camiña

Recorridos: Metalships & Docks, S.A., Lajo y Rodríguez, S.A., Metal Brañas, S.L., UTE Río Ulla

Avogados: Jacobo Saenz-Díez Blázquez, Eduardo de la Hoz Lemos (...), Leonilda Villar Fernández

Procurador: Juan Lage Fernández-Cervera (...), (...), (...)

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2468/2018 desta sección, seguido por instancia de Ariel Gonzalo Cáceres Sambrán contra Metalships & Docks, S.A., Lajo e Rodríguez, S.A., Metal Brañas, S.L., UTE Río Ulla, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos.

Desestimamos o recurso de suplicación formulado pola parte demandante Ariel Gonzalo Cáceres Sambrán contra a sentenza de data cinco de febreiro de 2018, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, no procedemento 5/2016, seguido contra a empresa Metal Brañas, S.L. e outras, e confirmamos a expresada resolución.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto), co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Metal Brañas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza