Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2018 Páx. 50271

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (921/2015).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 921/2015 por instancia de Araceli Castro Vázquez contra as empresas Prosenorsa, S.L., Segur Iberica, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 23.10.2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Araceli Castro Vázquez fronte ás empresas Prosenorsa, S.L. e Segur Ibérica, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Absólvese Segur Ibérica, S.A. das pretensións fronte a esta dirixidas.

– Condénase a empresa Prosenorsa, S.L. a aboar a Araceli Castro Vázquez a cantidade de dous mil trescentos corenta e tres euros con sete céntimos de euro (2.343,07 euros), devindicando o xuro legal.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Prosenorsa, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza