Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2018 Páx. 50269

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (DCT 1676/2017).

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Decido que, estimando integramente a demanda de divorcio interposta polo procurador Sr. González Concheiro, en nome e representación de Consuelo María Domínguez Graña asistida do letrado Sr. Quintáns Vázquez, fronte a José López Dopazo, maior de idade, sinalado en auto, declarado en rebeldía procesual, e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos os dous litigantes o 14.1.1978 en Santiago de Compostela, inscrito no Rexistro Civil desa localidade no tomo 74, páxina 134, sección 2ª, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1 do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio, que consta en sentenza de separación do 22.11.1999 do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela.

Firme que sexa a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (arts. 458 e 776 Lei de axuizamento civil) logo de consignación de depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data, dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2018

Cristina Cao Sánchez
Letrada da Administración de xustiza