Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2018 Páx. 50273

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 63/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 63/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Mato Vicente contra Micar Estrada de Construcciones, S.L., sobre ordinario, ditouse decreto o 5.11.2018, recorrible en revisión no prazo de tres días, o cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Micar Estrada de Construcciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 5 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza