Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2018 Páx. 50274

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 152/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 152/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Edmundo Nores Martínez contra a empresa Talleres Rosil Hermanos Acuña, S.L. e Abogados Jea, S.L.P., sobre ordinario, ditouse o 26.10.2018 sentenza contra a que non cabe recurso, que se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Abogados Jea, S.L.P., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 7 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza