Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2018 Páx. 50197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 14 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2005/0364-4.

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial do Estado, ao abeiro do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia ao ter entrada, nesta Sección de Sancións, do Servizo de Emprego e Economía Social, a copia da sentenza e do auto de firmeza ditada polo Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra, recaída no procedemento número 259/2014, polo accidente laboral do traballador José Martínez Bouzada.

Dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, ditarase resolución.

Os documentos que constan nos expedientes son:

– Acta de infracción.

– Xustificante da notificación (25.5.2005).

– Escrito de alegacións (14.6.2005).

– Copia da sentenza xudicial e do auto de firmeza.

Expediente: RL 2005/0364-4.

Acta núm. 649/2005

Empresa: Pima Building, S.L.

NIF/DNI: B36287407.

Enderezo: avenida Buenos Aires, 18, O Porriño.

Vigo, 14 de novembro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra