De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Intentouse a notificación por correo certificado ao titular da empresa citada no anexo, sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio o acordo do inicio do procedemento de procedencia de reintegro no correspondente expediente de subvención.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
O interesado dispón do prazo de quince días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para que poida realizar as alegacións e presentar a documentación que considere pertinente, entre a que debe constar unha relación da variación das altas e baixas do persoal adscrito, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Advírteselles que, de non presentar alegacións en tempo e forma, ditarase a resolución que corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.
A Coruña, 3 de setembro de 2018
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
Empresa |
NIF |
Concello |
Materia |
Data de resolución |
TR341M 2016/5-1 |
Servipertu, S.L. |
B15633530 |
A Coruña |
Subvención custo salarial |
6.7.2018 |