Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2018 Páx. 50193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se someten a información pública as solicitudes de aprobación definitiva do proxecto sectorial de Aluminios Cortizo para ampliación e mellora das súas instalacións sitas en Extramundi (Padrón), e de declaración da utilidade pública das obras e instalacións proxectadas.

Para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; na Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1952, e no seu Regulamento aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957, sométense a información pública as solicitudes de aprobación definitiva do seguinte proxecto sectorial e de declaración da utilidade pública das obras e instalacións proxectadas:

Promotor: Aluminios Cortizo, S.A.U.

Denominación: proxecto sectorial Aluminios Cortizo para ampliación e mellora das súas instalacións sitas en Extramundi (Padrón).

Obxecto: ampliar o ámbito do actual polígono industrial de Aluminios Cortizo, situado en Extramundi, creando unha zona de solo urbanisticamente apto para poder ser destinado ao asentamento da ampliación e mellora das súas instalacións industriais.

Características técnicas:

As obras e instalacións proxectadas afectan a produción de aluminio, de perfís de PVC e de perfís de aceiro, e consisten basicamente en:

– Planta de obtención de perfilería de aluminio cunha nova prensa de extrusión de 4.500 toneladas e nova edificación para a súa instalación.

– Planta de fabricación de perfís de PVC, integrada por 40 máquinas e equipamentos, e varias novas edificacións para a súa instalación.

– Planta de foliado de PVC e nova edificación para a súa instalación.

– Planta de fabricación de perfís de aceiro e nova edificación para a instalación da maquinaria para transformar a chapa de aceiro en perfil de aceiro.

A ampliación e mellora das instalacións de Aluminio Cortizo situadas en Extramundi farase sobre terreos dos municipios de Rois e Padrón, que lindan coa zona norte do actual polígono industrial de Aluminios Cortizo. A superficie incorporada polo proxecto sectorial será de 128.360 m² (49,32 % no municipio de Rois e 50,68 % no de Padrón), o que supón un incremento do 75 % da superficie actual do polígono (170.617 m²).

Concellos afectados: Padrón e Rois (A Coruña).

O devandito proxecto sectorial foi sometido aos procedementos de declaración de incidencia supramunicipal e de avaliación ambiental estratéxica simplificada:

• O Consello da Xunta de Galicia, mediante o Acordo do 19 de novembro de 2017, declarou a súa incidencia supramunicipal.

• A órgano ambiental (Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático) formulou, mediante a Resolución do 19 de xullo de 2018, o seu informe ambiental estratéxico.

O obxecto da información pública será o proxecto sectorial Aluminios Cortizo para ampliación e mellora das súas instalacións sitas en Extramundi (Padrón).

A respecto da relación de bens e dereitos afectados (RBDA) que se consideran de necesaria expropiación, incluída no proxecto sectorial, hai que indicar o seguinte:

• A aprobación definitiva do citado proxecto sectorial levará implícita a declaración de utilidade pública das obras e instalacións proxectadas, así como a necesidade da ocupación dos bens e dereitos necesarios para a súa execución, para os efectos de expropiación forzosa ou de imposición de servidume, conforme o disposto na disposición adicional primeira da Lei 10/1995, do 23 de novembro, e no artigo 11.5 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo.

• A devandita relación de bens e dereitos afectados (RBDA) figura como anexo a esta resolución, de conformidade co disposto no artigo 18 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 17 do seu regulamento.

O órgano competente para aprobar o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, así como declarar a utilidade pública das obras e instalacións proxectadas e a necesidade da ocupación dos bens e dereitos necesarios para a súa execución, será o Consello da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 13.4 do Decreto 80/2000.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo dun mes a partir do día seguinte á última das dúas publicacións que se farán desta resolución (no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na Comunidade Autónoma) ou a partir da correspondente notificación individual no caso de persoas que figuren na RBDA. O devandito proxecto sectorial poderase examinar na Dirección Xeral de Enerxía e Minas (Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela), na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria (rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña) ou nos concellos afectados (Padrón e Rois).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidas, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polas obras e instalacións do proxecto sectorial de Aluminios Cortizo para ampliación e mellora das súas instalacións sitas en Extramundi (Padrón)

Predios

Afección

Nº predio

Referencia catastral

Localización

Concellos

Uso
principal

Superficie (m²)

Propietario

Superficie que se vai expropiar

%

1

7039107NH2374S0001PB

Lg. Agronovo

Padrón e Rois

Agrario

3.124

Herdeiros de Francisco Agrasar Fernández

100 %

3.124,00

2

7039106NH2374S0001QB

Lg. Agronovo

Padrón e Rois

Agrario

847

Carlos Andrade Mosquera

100 %

847,00

3

6837102NH2363N0001HF

Lg. A Serra

Padrón

Agrario

1.877

Dolores González Gómez

100 %

1.877,00

4

7039159NH2374S0001ZB

Lg. Agronovo

Padrón e Rois

Solo sen edificar

73.308

Comunidade Veciñal de Montes en Man Común de Extramundi

30,884 %

22.640,14