Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2018 Páx. 49967

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (55/201).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento monitorio 55/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Stanislav Ivanov contra a empresa Govannon Gestion, S.L. coa intervención de Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxos antecedentes e parte dispositiva se achega:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza, María Adelaida Egurbide Margañón.

A Coruña, 18 de xuño de 2018.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Stanislav Ivanov presentou petición inicial de procedemento monitorio dirixida fronte a Govannon Gestion, S.L., e coa intervención de Fogasa en reclamación da cantidade de catro mil douscentos vinte e catro con dezaseis céntimos (4.224,16 €).

Segundo. Admitida a trámite a solicitude, acordouse requirir de pagamento o empresario para que no prazo de dez días pagase ao traballador a cantidade reclamada ou, noutro caso, presentase escrito de oposición alegando sucintamente as razóns para non o facer. Transcorreu o prazo sen que o demandado comparecese nin presentase escrito de oposición ou acreditando o aboamento.

Parte dispositiva.

Acordo:

1. Arquivar o presente procedemento monitorio instado por Stanislav Ivanov, fronte a Govannon Gestion, S.L. e coa intervención do Fogasa.

2. Dar traslado á parte demandante co fin de que presente demanda de execución, no caso de que desexe proceder ao despacho desta e que deberá presentar na oficina de decanato como demanda.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación: poderá interpoñerse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación (artigo 188.2 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 1532/0000/--/----/-- do Banco Santander, debendo indicar no campo concepto, a indicación recurso seguida do código “31 Social-Revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “código 31 Social-Revisión”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Govannon Gestion, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

A Coruña, 30 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza