Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2018 Páx. 49965

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada

EDICTO (276/2017).

Xuízo verbal (XVB) 276/2017

Sobre: reclamación de cantidade

Demandante: comunidade de propietarios Avenida de Santiago 92-94

Procurador: Manuel Sánchez Ortega

Avogada: Silvia Míguez Pereira

Demandada: Raquel Rodríguez Caneda

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor seguinte:

«Sentenza:

Xuíz que a dita: Ricardo Antonio López Fernández

Lugar: A Estrada

Data: vinte e dous de outubro de dous mil dezaoito

Demandante: comunidade de propietarios Avenida de Santiago 92-94

Avogada: Silvia Míguez Pereira

Procurador: Manuel Sánchez Ortega

Demandada: Raquel Rodríguez Caneda

Vistos por min, Ricardo Antonio López Fernández, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1, Xulgado de Violencia sobre a Muller da Estrada e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo verbal seguidos co número 276/2017 por instancia da comunidade de propietarios do edificio sito na rúa Avenida de Santiago número 92-94 desta localidade, representados polo procurador dos tribunais Sr. Sánchez Ortega, e asistidos da letrada Sra. Míguez Pereira, fronte a Raquel Rodríguez Caneda, que foi declarada en situación de rebeldía procesual, que versan sobre reclamación de débedas da dita comunidade de propietarios.

Parte dispositiva:

Debo estimar e estimo integramente a demanda presentada pola comunidade de propietarios do edificio sito na rúa avenida de Santiago nº 92-94 desta localidade, representados polo procurador dos tribunais Sr. Sánchez Ortega, fronte a Raquel Rodríguez Caneda, que foi declarada en situación de rebeldía procesual e, en consecuencia, condeno a Raquel Rodríguez Caneda a pagarlle á comunidade de propietarios do edificio sito na rúa avenida de Santiago número 92-94 desta localidade a cantidade de mil setecentos trinta e sete euros, con noventa e catro céntimos de euro (1.737,94 €), xunto cos xuros na forma descrita no fundamento xurídico cuarto desta resolución.

Estimándose integramente a pretensión demandante, a demandada deberá aboar as custas do proceso.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso ex artigo 455 da LAC.

Incorpórese a orixinal ao libro de sentenzas, con dedución de testemuño que se unirá ás presentes actuacións.

Así o acordo, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Raquel Rodríguez Caneda, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

A Estrada, 22 de outubro de 2018

O/a letrado/a da Administración de xustiza