Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2018 Páx. 49836

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 907/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 907/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Díaz Torreira contra Neira y Ferreira, S.L., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 404/2018

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade nº 907/2017

Demandante: Manuel Díaz Torreira

Letrada: Sra. Cabanas Piñol.

Demandada: Neira y Ferreira, S.L.

Letrado:

Fogasa

Letrado:

«Sentenza.

A Coruña, 30 de outubro de 2018.

Resolución.

Estimo a demanda formulada por Manuel Díaz Torreira fronte á empresa Neira y Ferreira, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a aboar ao primeiro a suma total de 7.310,84 euros brutos en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos e liquidación, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

O Fogasa deberase ater ao resolto no presente procedemento.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Neira y Ferreira, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza