Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2018 Páx. 49838

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (293/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 293/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia da Mutua Fremap de Accidentes de Trabajo y Seguridad Social contra Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Eiroa Moscoso Ramón y Otro, S.C., José Simón Rodríguez Cotos, Instituto Nacional da Seguridade Social INSS, sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: seguridade social-Continxencia nº 293/2016

Demandante: Mutua Fremap de Accidentes de Trabajo

Letrada: Sra. Gómez Lage

Demandados:

– INSS, TXSS

Letrada: Sra. Suárez Herva

– Eiroa Moscoso Ramón y Otro, S.C.

Letrado:

– José Simón Rodríguez Cotos

Letrado: Sr. Fernández Saavedra

Sentenza nº 398/18.

A Coruña, 30 de outubro de 2018.

– Desestimo a demanda sobre determinación de continxencia interposta pola Mutua Fremap de Accidentes de Trabajo fronte a INSS, TXSS, Eiroa Moscoso Ramón y Otro, S.C. e José Simón Rodríguez Cotos e, en consecuencia, confirmo a resolución impugnada e que a continxencia da IP total recoñecida a este último é a de accidente de traballo.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará».

E para que sirva de notificación en legal forma a Eiroa Moscoso Ramón y Otro, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza