Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2018 Páx. 49840

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 504/2017).

Demandante: Fernando Oribe Devincenzi

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandado: Quatroprint, S.L.

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Fernando Oribe Devincenzi contra Quatroprint, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 504/2017, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Quatroprint, S.L., en ignorado paradoiro, a fin de que compareza o día 14.1.2019 ás 11.30 horas, na planta baixa, sala 1, edificio rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fágase saber á parte demandada L.R. de Quatroprint, S.L. que deberá comparecer persoalmente ou través de persoa con poder abondo, e en caso de persoas xurídicas, a través de quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio, advertíndolle que, en caso de non comparecer, poderá impoñérselle a multa prevista no artigo 292.4 da Lei de axuizamento civil, e que se non comparece sen xusta causa á primeira citación, rexeitase declarar ou persistese en non responder afirmativa ou negativamente, a pesar do apercibimento que se lle fixese, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiran as preguntas, sempre que o interrogado tivese intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resultase prexudicial en todo ou en parte. En caso de que o interrogatorio non se refira a feitos persoais, admitirase a súa resposta por un terceiro que coñeza os feitos, se a parte así o solicita e acepta a responsabilidade da declaración.

Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade do devandito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente se poderá acordar dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta tivesen actuado e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

Requíreselle ao demandado Quatroprint, S.L. para que achegue ao acto de xuízo os documentos solicitados pola parte demandante no seu escrito de demanda, e que se detallan a continuación:

– Nóminas do demandante.

– Contratos de traballo.

Coa advertencia de que, de non facelo, poderán terse por probadas as alegacións feitas pola parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94 da LXS).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Quatroprint, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza