Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2018 Páx. 49842

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 221/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 221/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Landro Albañilería, S.L., se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2018.

Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución da Sentenza 398/2017, do 18 de setembro de 2017, ditada no procedemento ordinario 241/2015 a favor da parte executante, Fundación Laboral de la Construcción, contra Landro Albañilería, S.L., parte executada, por importe de 180,64 euros en concepto de principal máis outros 18,06 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza.

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2018.

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación nesta executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada, Landro Albañilería, S.L., dar audiencia previa á parte demandante, Fundación Laboral de la Construcción, polo prazo de quince días para que poida sinalar a existencia de novos bens; do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Landro Albañilería, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza