Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2018 Páx. 49730

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 236/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 236/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Coto Varela, contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e Ilunión Seguridad, S.A.U., sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto, con data do 30 de outubro de 2018, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Acordo:

– Transferir a conta facilitada por Ilunión Seguridad, S.A.U., o sobrante existente na presente execución, que ascende a 5.717,15 euros.

– Ter por rematado o presente procedemento de execución seguido por instancia de Juan José Coto Varela fronte a Ilunión Seguridad, S.A. (Vigilancia Integrada, S.A.), Esabe Vigilancia, S.A.

– Arquivar o presente procedemento e dalo de baixa nos libros correspondentes.

Notifíqueselles ás partes, e Esabe Vigilancia, S.A., por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0236 17. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0236 17”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Esabe Vigilancia, S.A., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza