Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2018 Páx. 49732

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 19 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se lle notifica á persoa interesada o Acordo do 6 de setembro de 2018 mediante o cal se inicia o expediente sancionador en materia de xogo L-12/18.

O día 6 de setembro de 2018 o director xeral de Emerxencias e Interior adoptou un acordo co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación á persoa interesada, non foi posible realizala, polo que, en aplicación do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, 25-27 de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo.

Infórmase igualmente que a instrución do referido expediente sancionador realizarase na xefatura territorial desta vicepresidencia e consellería en Lugo.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2018

Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: L-12/18.

DNI imputado/a: 33539517C.

Último enderezo coñecido: rúa Marina Española, 15, local Doña Bella, Lugo.

Data do acordo: 6 de setembro de 2018.

Tipificación e precepto infrinxido: moi grave. Artigo 28.m) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia.