Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2018 Páx. 49512

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (503/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 503/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Castro Pombo contra Costura Invisible, S.L. e outros, sobre despedimento, se ditou sentenza con data do 17 de outubro de 2018, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento nº 503/2017.

Demandante: María Isabel Castro Pombo.

Letrada: Sra. Vilaboy Lois.

Demandados: Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., administración concursal de Confección Ideal, S.L. –non comparecen–.

Letrado:

– Administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Gaviota Textil, S.L. e Confecciones Ideal, S.L. –non comparecen–.

Fogasa.

Sentenza nº 492/2018

A Coruña, 17 de outubro de 2018.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Isabel Castro Pombo fronte ás entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Confecciones Ideal, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza, todo isto con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que deberán aboar as empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 15.254,07 euros.

3º. Condeno as empresas demandadas e condenadas a que lle aboen á traballadora os salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a data da extinción da relación laboral no día de hoxe, calculados a razón de 34,76 euros/día, o que dá a cantidade de 19.535,12 euros.

4º. Desestimo a acción de despedimento formulada pola demandante fronte a Gaviota Textil XXI, S.L., polo que debe ser absolta de todo pedimento dirixido contra ela.

5º. O Fogasa e a administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L. e Gaviota Textil, S.L. deberanse ater ao establecido na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento».

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

E para que sirva de notificación en legal forma a Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L. e administración concursal de Confecciones Fraga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza