Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2018 Páx. 49515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 26 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a Resolución do 26 de setembro de 2018 pola que se formula o informe de impacto ambiental do cambio de uso de forestal a agrícola da parcela 66 do polígono 162 do concello de Lugo (clave 2017/0212).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, punto 3, faise pública a Resolución do 26 de setembro de 2018 pola que se formula o informe de impacto ambiental do cambio de uso de forestal a agrícola da parcela 66 do polígono 162, na parroquia de Saa, concello de Lugo.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático