Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 16 de outubro de 2018, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-01414-O-2018 e cinco máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores número XC-01414-O-2018 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 16 de outubro de 2018

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-01414-O-2018

1357-KBL

Francisco Javier Santos Ameneiro

33300889V

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

16.5.2018; 12.05; AP-9; 67,0

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

XC-01593-O-2018

1078KFG

Gningue Amadou Tidiane

X2936166D

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

7.5.2018; 9.32; AP-9; 67,0

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

XC-02844-I-2017

0877 CSG

Iván Taboada Betetos

45848977H

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

17.10.2017; 10.32; N-634; 664,000

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

XC-02845-I-2017

0877 CSG

Iván Taboada Betetos

45848977H

O exceso igual ou superior ao 15 % e inferior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 21 %.

17.10.2017; 10.26; N-634; 664

Artigo 141.2 da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

950 euros

XC-03043-O-2017

6957-HLT

Pan Chunling

X-4274420-P

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

29.9.2017; 3.26; A-6; 557,3

Artigo 140.23 da LOTT

Artigo 143.1.h) da LOTT

2.001 euros

XC-03062-O-2017

2479-CSJ

Antonio Vázquez García

34228409Q

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

29.9.2017; 8.44; N-547; 43,0

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros