Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 2 de novembro de 2018, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente LU-01510-O-2017 e tres máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador número LU-01510-O-2017 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmanse que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas en praza de Europa, 5A, 2º, Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2018

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción imposta

LU-01510-O-2017

AG-12-YBZ

Agustin Florin Dinasdi

X8704855E

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

30.6.2017; 12.15; N-540; 1,0

Art. 141.25 en relación art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

OU-00113-O-2018

3481-GYH

Manuel Rodríguez Couñago

35935065A

Carecer dos extintores que resulten obrigatorios en función do vehículo ou da carga transportada, ou dispor duns cuxa correcta utilización non estea garantida.

5.10.2017; 12.12; A-52; 202

Art. 141.5.3 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-00016-O-2018

5468-CYM

Manuel Lombao Lombao

36030677G

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

2.10.2017; 19.19; A-55; 4,0

Art. 141.25 en relación art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-04087-S-2017

0018-DBX

Maribel Domínguez Rodríguez

34975747S

O exceso igual ou superior ao 15 por cento e inferior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 15 %.

25.8.2017; 10.20; avda. Madrid con estrada Vilar

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros