Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49323

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 18 de outubro de 2018, polo que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais e a compatibilidade cun dereito mineiro, da instalación eléctrica denominada subestación colectora xeración 132/400 kV Ludrio e liña colectora Ludrio eixe sur: tramo 1 132 kV - SET Ludrio - SET parque eólico Monciro, sita nos concellos de Castroverde, Pol e Castro de Rei (Lugo) (expediente IN407A 2017/6-0).

En cumprimento do disposto no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, faise público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 18 de outubro de 2018, polo que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais e a compatibilidade cun dereito mineiro, da instalación eléctrica denominada subestación colectora xeración 132/400 kV Ludrio e liña colectora Ludrio eixe sur: tramo 1 132 kV - SET Ludrio - SET parque eólico Monciro, sita nos concellos de Castroverde, Pol e Castro de Rei (Lugo) (expediente IN407A 2017/6-0).

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 18 de outubro de 2018, polo que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais e a compatibilidade cun dereito mineiro, da instalación eléctrica denominada subestación colectora xeración 132/400 kV Ludrio e liña colectora Ludrio eixe sur: tramo 1 132 kV - SET Ludrio - SET parque eólico Monciro, sita nos concellos de Castroverde, Pol e Castro de Rei (Lugo) (expediente IN407A 2017/6-0)

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Gas Natural Fenosa Renovables S.L.U. (en diante, a promotora) en relación coas autorizacións administrativas previa e de construción, así como coa declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica denominada subestación colectora xeración 132/400 kV Ludrio e liña colectora Ludrio eixe sur: tramo 1 132 kV - SET Ludrio - SET parque eólico Monciro (en diante, a instalación eléctrica), constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 13.10.2017, a promotora solicitou as autorizacións administrativas previa e de construción, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a aprobación do proxecto sectorial da instalación eléctrica.

Segundo. O 21.12.2017, o Consello da Xunta de Galicia declarou de interese especial o parque eólico Monciro e a súa liña de evacuación.

Terceiro. As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Características técnicas da subestación colectora:

• Instalarase no termo municipal de Castro de Rei, parcela 119 do polígono núm. 12, ocupando unha superficie aproximada de 5.233 m2, anexa á subestación de 400 kV de Rede Eléctrica de España (REE).

• Será de tipo intemperie e constará de:

– Un edificio de control onde se aloxarán os equipos auxiliares, de control, medida, protección, corrente continua, etc.

– Catro posicións de liña 132 kV, equipadas cos elementos de manobra, medida e protección, que permitirán a interconexión das instalacións de xeración adscritas a esta nova subestación.

– Unha posición de simple barra 132 kV, equipada cos elementos de medida, que servirá para a canalización da enerxía xerada nos parques á posición de transformación da subestación.

– Unha posición de transformador de potencia 280 MW 132/400 kV, debidamente equipada cos elementos de manobra, medida e protección.

– Unha posición de liña 400 kV, equipada cos elementos de medida e protección, que permitirá a interconexión coa subestación de REE.

Características técnicas da liña eléctrica:

• De 132 kV, en aéreo, sobre 37 apoios metálicos de celosía, cun circuíto (dimensionada mecánica e electricamente para albergar un segundo circuíto que será obxecto doutro proxecto), simplex e con condutor LA-380, cunha lonxitude de 9.179,78 m e que discorrerá por tres termos municipais: Castroverde (143,13 m), Pol (7.740,42 m) e Castro de Rei (1.272,12 m).

• A súa orixe será na subestación do parque eólico Monciro, no concello de Castroverde, e o seu final na subestación colectora 132/400 kV, no concello de Castro de Rei.

Cuarto. Por Resolución do 14 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (en diante, a dirección xeral), someteuse a información pública a solicitude de autorizacións administrativas previa e de construción, a declaración de impacto ambiental, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 12.12.2017 e no xornal El Progreso do 5.12.2017. Así mesmo, permaneceu exposta ao público no taboleiro de anuncios dos concellos afectados (Castroverde, Pol e Castro de Rei), da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo (en diante, a xefatura territorial), da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Lugo, e da dirección xeral, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

A seguir resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública, recollidas no anexo desta resolución:

1. Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados, maioritariamente en relación cos nomes dos propietarios e os seus enderezos, coa titularidade das parcelas, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo, co tipo de aproveitamento, cos tipos de elementos afectados e solicitudes da delimitación in situ da zona afectada.

2. Solicitudes de modificación do trazado.

3. Solicitudes de que se teña en conta as posibles afeccións de carácter ambiental (valores naturais, paisaxísticos, incendios forestais, augas, fontes, mananciais, acústicos, arqueolóxicos, saúde das persoas...).

4. Afeccións a montes veciñais en man común.

5. Solicitudes relacionadas co trámite de expropiación (acordos, valoracións).

Quinto. En cumprimento do disposto no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a dirección xeral remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución da instalación eléctrica aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Concello de Castroverde, Concello de Pol, Concello de Castro de Rei, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, Axencia Estatal de Seguridade Aérea da Dirección de Seguridade de Aeroportos e Navegación Aérea do Ministerio de Fomento, Red Eléctrica de España, S.A.U., Begasa, Viesgo Distribución Eléctrica, S.L. e Telefónica de España, S.A.

Sexto. Os seguintes organismos: Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Axencia Galega de infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, Begasa, Viesgo Distribución Eléctrica, S.L., Telefónica de España, S.A., Axencia Estatal de Seguridade Aérea da Dirección de Seguridade de Aeroportos e Navegación Aérea do Ministerio de Fomento e Red Eléctrica de España, S.A.U., emitiron condicionado técnico, ao cal a promotora manifestou a súa conformidade.

Sétimo. Os seguintes organismos: Concello de Castroverde, Concello de Pol e Concello de Castro de Rei non emitiron condicionado técnico, e reiterada a solicitude non se recibiu contestación, polo que, de acordo co artigo 127 do Real decreto 1955/2000, se entende a conformidade das ditas administracións coa autorización da instalación eléctrica.

Oitavo. O seguinte organismo: Viesgo Distribución Eléctrica, S.L. emitiu o correspondente condicionado técnico desfavorable relativo ás instalacións de referencia, a promotora emitiu nova separata, a dirección xeral solicitou novo informe tendo en conta a nova documentación presentada, da cal non se recibiu contestación, polo que, de acordo co artigo 127 do Real decreto 1955/2000, se entende a súa conformidade.

Noveno. O 26.3.2018, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal emitiu o informe de aproveitamentos de masas forestais no marco do establecido no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

En aplicación do disposto no punto 3 do artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a dirección xeral acordou a apertura do trámite de audiencia outorgándolles aos titulares dos aproveitamentos forestais afectados un prazo de 15 días para que alegasen e presentasen os documentos e xustificacións que considerasen oportunos.

Déuselle trámite de audiencia ás comunidades MVMC de Ludrio, MVMC Monciro, MVMC Rodela e Touzón, MVMC Amorín, San Fitoiro, Sales, Monciro e Salgueiros. As cales non presentaron ningunha alegación no trámite de audiencia no prazo outorgado. Non obstante, MVMC de Ludrio e MVMC Rodela e Touzón, presentaron alegacións no trámite de información pública.

O 28.9.2018, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal informou, no marco do establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, que o proxecto é compatible coa xestión pública que se está realizando nos convenios afectados, sempre que a promotora realice un acto de disposición coas comunidades propietarias dos montes, segundo o recollido no título segundo do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e no tocante á corta de madeira se soliciten os permisos pertinentes nesa administración forestal para poder levala a cabo; e todo isto, sen prexuízo do establecido no artigo 23 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e no artigo 68 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Décimo. Con datas do 7 de febreiro e 6 de marzo de 2018, a Sección de Minas da Xefatura Territorial emitiu certificados nos que se indicaban os dereitos mineiros afectados pola referida infraestrutura eléctrica. Tal e como se desprende destes dous certificados o único dereito mineiro dos afectados que podería ter algún tipo de afección coa instalación eléctrica que nos ocupa é o permiso de investigación Carla nº 5821.

Realizouse o trámite de audiencia ao titular do permiso de investigación Carla nº. 5821, que non presentou ningunha alegación no prazo outorgado.

O 22.8.2018, a xefatura territorial emitiu o informe sobre a compatibilidade da instalación eléctrica cos dereitos mineiros afectados, de conformidade co punto 4 do artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. Neste informe determínase que non existe incompatibilidade da instalación eléctrica co dereito mineiro vixente.

Décimo primeiro. Con respecto ao estudo de impacto ambiental, correspondente ao proxecto de execución subestación colectora xeración 132/400 kV Ludrio e liña colectora Ludrio eixe sur: tramo 1 132 kV - SET Ludrio - SET parque eólico Monciro, solicitáronse informes aos seguintes organismos: Concello de Castroverde, Concello de Pol, Concello de Castro de Rei, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Instituto de Estudos do Territorio, Dirección Xeral de Saúde Pública, Dirección Xeral de Ordenación Forestal e Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Cuberta a tramitación ambiental, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático formulou o 24.8.2018 a declaración de impacto ambiental correspondente ao proxecto sinalado no parágrafo anterior, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 12.9.2018.

Décimo segundo. A xefatura territorial emitiu os seguintes informes:

O 12.12.2017, informe do cumprimento das limitacións á constitución de servidume de paso, de acordo co exixido no artigo 58 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

O 26.9.2018, informe favorable relativo á normativa de instalacións industriais e eléctricas, de acordo co exixido no artigo 33.13 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 45.6 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:

1. En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas. Corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento,...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

2. En canto ás alegacións nas que se propoñen cambios de trazado da liña eléctrica, indicar o seguinte:

Non se acredita a concorrencia conxunta dos requisitos establecidos no artigo 161.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, necesarios para que resulte posible unha modificación do trazado proxectado (que a liña poida instalarse sobre terreos de dominio, uso ou servizo público ou patrimoniais do Estado, das comunidades autónomas, das provincias ou dos municipios, ou seguindo lindeiros de predios de propiedade privada; que a variación do trazado non sexa superior en lonxitude ou en altura ao 10 % da parte da liña afectada pola variación que, segundo o proxecto, transcorra sobre a propiedade do solicitante dela; e que sexa tecnicamente posible).

Por outra banda, as diversas alternativas analizadas resultan debidamente referidas no punto 5 do estudo de impacto ambiental, sendo no seu punto 6 no que se determina a alternativa óptima para os efectos sobre o medio, resultando a seleccionada perfectamente acomodada ás exixencias regulamentarias e técnicas, tal e como se xustifica nos puntos 7 e 8 do proxecto técnico da instalación.

3. En relación ás alegacións de carácter ambiental, cabe indicar que este proxecto foi sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental que corresponde, resultado do cal formulouse pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 24.8.2018 a declaración de impacto ambiental, con carácter previo á autorización da instalación eléctrica, onde se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental nas que se pode desenvolver o proxecto, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias.

4. En relación ás afeccións a montes veciñais en man común, seguiuse o procedemento de concorrencia de utilidades ou interese público e trámite e declaración de compatibilidade ou prevalencia, de acordo co previsto no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, reflexado no antecedente de feito noveno desta resolución.

5. En relación ás alegacións relacionadas co trámite de expropiación, non se toman en consideración por non ser obxecto deste procedemento, senón do expediente expropiatorio na súa fase de determinación do prezo xusto. A valoración económica das afeccións tramitarase nesa fase, para o que se tramitarán as correspondentes pezas separadas do prezo xusto, na que se determinará a indemnización que corresponda e na que o afectado poderá presentar a súa folla de aprecio, na que concretará o valor que considera lle corresponde polos prexuízos que se lle ocasionen, co fin de que o Xurado de Expropiación de Galicia poida valorar o prezo xusto en cada caso.

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa para a instalación eléctrica subestación colectora xeración 132/400 kV Ludrio e liña colectora Ludrio eixe sur: tramo 1 132 kV - SET Ludrio - SET parque eólico Monciro, sita nos concellos de Castroverde, Pol e Castro de Rei (Lugo) e promovido por Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U.

Segundo. Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución da citada instalación eléctrica, titulado proxecto técnico subestación colectora xeración 132/400 kV Ludrio e liña colectora Ludrio eixe sur: tramo 1 132 kV - SET Ludrio - SET parque eólico Monciro, outubro 2017, asinado por declaración responsable do enxeñeiro industrial José Daniel Couceiro Sandá, colexiado nº 1569 no Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG).

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Cuarto. Declarar a prevalencia da utilidade pública da citada instalación eléctrica sobre o interese xeral dos aproveitamentos forestais afectados: comunidades MVMC de Ludrio, MVMC Monciro, MVMC Rodela e Touzón, MVMC Amorín, San Fitoiro, Sales, Monciro e Salgueiros, de conformidade co artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Quinto. Declarar a compatibilidade da citada instalación eléctrica co permiso de investigación núm. 5821 Carla, de conformidade co artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Esta autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U., constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do custo de restauración. O importe do aval, que será actualizable, fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, en 128.612 euros, dos cales 55.119 euros corresponden á fase de obras e 73.493 euros á de desmantelamento e abandono das instalacións.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias.

Para a cancelación do dito aval será preciso o informe favorable do órgano ambiental, logo do levantamento dunha acta de comprobación pola inspección ambiental conforme establece o referido Decreto 455/1996, do 7 de novembro.

A solicitude de cancelación realizarase a través da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, e só se poderá efectuar unha vez estean totalmente rematados os labores de restauración e integración paisaxística e logo de que a promotora acredite, mediante os informes do programa de vixilancia ambiental, a suficiencia e o éxito dos traballos efectuados, tanto os referentes á restauración (coa vexetación debidamente implantada) como ás demais actuacións relacionadas coa imposición do aval ambiental.

2. A instalación eléctrica que se autoriza terá que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto que por esta resolución se autoriza.

3. A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que, en todo momento, se manteñan as condicións regulamentarias de seguridade.

4. En todo momento se deberá cumprir canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, aprobado polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, aprobado polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio, así como as demais normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación.

5. Así mesmo, deberase cumprir co disposto na declaración de impacto ambiental formulada o 24.8.2018 pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, á que se fai referencia no antecedente de feito décimo primeiro da presente resolución.

6. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Enerxía e Minas; non obstante, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que diten en aplicación da citada facultade.

7. o Prazo para solicitar a autorización de explotación será de tres anos, contados a partir do presente outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción. En caso de incumprimento, poderá producirse a súa revogación nos termos establecidos no punto 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, ou norma que a substitúa.

Unha vez solicitada a autorización de posta en servizo, a xefatura territorial será a encargada de emitila tras as comprobacións técnicas que consideren oportunas.

8. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, a promotora deberá presentar perante a xefatura territorial un certificado de final de obra subscrito por técnico facultativo competente, no que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución aprobado, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Así mesmo, deberá presentar ante esta dirección xeral un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións da instalación eléctrica.

9. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

10. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

11. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, así como no Boletín Oficial da provincia de Lugo, de acordo co establecido no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Anexo.

Alegacións presentadas durante o período de información pública indicado no antecedente de feito cuarto:

Comunidade de Ludrio (MVMC Rodela), representada por Miguel Ángel Carballeda Barja, o 8.1.2017; Manuel Castedo Yáñez e Remedios Carballo Villamarín, o 5.12.2017; Antonio María José Marey Otero, o 7.12.2017; José María Marey Otero, o 7.12.2017; Luisa e Carmen Castedo Franco, o 15.12.2017; María Ángeles Cortón Muinelo, o 15.12.2017; Josefa García López, o 19.12.2017; José Manuel Rielo Prado, o 20.12.2017; herdeiros de Novagildo Otero Castiñeiras, o 22.12.2017; José Tosar Lenza, o 22.12.2017; María Isabel Picos Rielo, o 22.12.2017; Ana María Sande Rodríguez, o 26.12.2017; Benilde Santiso Freire, o 26.12.2017; Manuel Fernández Ferreiro, o 26.12.2017; Manuel Rielo Marei, o 27.12.2017; Silvina, Inés, Alberto e José Otero Valiño, o 28.12.2017; Manuel Rielo Marey, o 3.1.2018; Nieves Fernández Veiga, o 4.1.2018; Comunidade Viladonga (MVMC Rodela e Touzón), representada por José Manuel Osorio Lenza o 8.1.2018; José Antonio González Agrelo, o 10.1.2018; Antonio Marey Otero, o 11.1.2018; José María Marey Otero, o 11.1.2018; Concepción Cortón Díaz, o 11.1.2018; Emilia Castedo Torrón, o 11.1.2018; Araceli Arias Cortón, o 16.1.2018; Araceli Arias Cortón, o 16.1.2018; Ricardo Pérez Gandoy, o 16.1.2018; José Gandoy González, o 16.1.2018; Ricardo Pérez Gandoy, Ignacio Pérez de Oliveira, Ana María, Arcadio e María Luisa Pérez Vázquez, o 16.1.2018.