Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 31 de outubro de 2018, polo que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia cun aproveitamento forestal e a compatibilidade cun dereito mineiro, das instalacións eléctricas denominadas LAT 66 kV parques eólicos Montetourado-Eixe/Monte O Tourado-subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV, sita nos concellos de Zas, Vimianzo e Dumbría (A Coruña) (expediente IN407A 2017/166-1), e subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV, sita no concello de Dumbría (A Coruña) (expediente IN407A 2016/3040-1).

En cumprimento do disposto no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, faise público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 31 de outubro de 2018, polo que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia cun aproveitamento forestal e a compatibilidade cun dereito mineiro, das instalacións eléctricas denominadas LAT 66 kV parques eólicos Montetourado-Eixe/Monte O Tourado-subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV, sita nos concellos de Zas, Vimianzo e Dumbría (A Coruña) (expediente IN407A 2017/166-1) e subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV, sita no concello de Dumbría (A Coruña) (expediente IN407A 2016/3040-1).

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 31 de outubro de 2018, polo que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia cun aproveitamento forestal e a compatibilidade cun dereito mineiro, das instalacións eléctricas denominadas LAT 66 kV parques eólicos Montetourado-Eixe/Monte O Tourado-subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV, sita nos concellos de Zas, Vimianzo e Dumbría (A Coruña) (expediente IN407A 2017/166-1), e subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV, sita no concello de Dumbría (A Coruña) (expediente IN407A 2016/3040-1).

Examinados os expedientes iniciados por solicitudes de Fenosa Wind, S.L., en representación de varios promotores, con respecto ás autorizacións administrativas previa e de construción, así como coa declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas denominadas LAT 66 kV parques eólicos Montetourado-Eixe/Monte O Tourado-subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV (en diante, a liña de evacuación) e subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV (en diante, a subestación), constan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 30.12.2016, Fenosa Wind, S.L., en representación dos promotores indicados na táboa I.A, solicitou as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da subestación.

O 20.10.2017, Fenosa Wind, S.L., en representación dos promotores indicados na táboa I.B, solicitou as autorizacións administrativas previa e de construción, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a aprobación do proxecto sectorial da liña de evacuación.

O 25.10.2018, os promotores comunicaron as súas porcentaxes de participación nas autorizacións da subestación e da liña.

Táboa I.A

Titular

Participación autorización instalacións subestación

Razón social

Denominación

da instalación

Común

Posición CT norte

Posición CT sur

Posición CT Greenalia Power

Posición CT av. Paxareiras

AV Paxareiras, S.L.U.

Paxareiras II

11,44 %

-

-

-

100,00 %

Engasa Lagoa, S.L.

Lagoa II fase I

7,72 %

16,56 %

-

-

-

Engasa Lagoa, S.L.

Lagoa II fase II

4,00 %

8,59 %

-

-

-

Ceolica Hispania, S.L.

Alto das Agras

1,91 %

-

6,67 %

-

-

Ceolica Hispania, S.L.

Ampliación de Virxe

3,81 %

-

13,33 %

-

-

Eurus Desarrollos Renovables, S.L.

A Ruña II

10,01 %

35,00 %

-

-

Fenosa Wind, S.L.

Monte Tourado-Eixe

17,16 %

36,81 %

-

-

-

Greenalia Power, S.L.U.

Alto da Croa

3,81 %

-

-

28,57 %

-

Titular

Participación autorización instalacións subestación

Razón social

Denominación

da instalación

Común

Posición CT norte

Posición CT sur

Posición CT Greenalia Power

Posición CT av. Paxareiras

Greenalia Power, S.L.U.

Alto da Croa II

6,67 %

-

-

50,00 %

-

Greenalia Power, S.L.U.

Monte Tourado

2,86 %

-

-

21,43 %

-

Viruleiros, S.L.

Lagoa I

7,72 %

16,56 %

-

-

-

Eólica Galenova, S.L.

Outes

12,87 %

-

45,00 %

-

-

Norvento, S.L.

Monte O Tourado

10,01 %

21,47 %

-

-

-

Totais

100 %

100,00 %

100,00 %

100,00 %

100,00 %

Táboa I.B: participación autorización instalacións LAT

Titular

Tramo I.1:
nó A a SET colectora

Tramo I.2:
Monte Tourado-Eixe a nó A

Tramo I.3:
nó B a nó A

Tramo I.4:
Monte O Tourado a nó B

Elementos comúns
(apoios, accesos,…)

Circuíto 1
(circuíto norte)

Circuíto 2
(circuíto sur)

Elementos comúns
(apoios, accesos,…)

Circuíto 1
(circuíto norte)

Circuíto 2
(circuíto sur)

Razón social

Denominación da instalación

%

%

%

%

%

%

%

%

Engasa Lagoa, S.L.

Lagoa II

fase I

16,56 %

 

26,21 %

 

26,21 %

 

26,21 %

 

Engasa Lagoa, S.L.

Lagoa II

fase II

8,59 %

 

13,59 %

 

13,59 %

 

13,59 %

 

Fenosa Wind, S.L.

Monte Tourado-Eixe

36,81 %

100,00 %

 

100,00 %

 

 

 

 

Viruleiros, S.L.

Lagoa I

16,56 %

 

26,21 %

 

26,21 %

 

26,21 %

 

Norvento, S.L.

Monte O Tourado

21,47 %

 

33,98 %

 

33,98 %

 

33,98 %

100,00 %

 

Totais

100 %

100 %

100 %

100,00 %

100,00 %

0,00 %

100,00 %

100,00 %

Segundo. O 21.12.2017, o Consello da Xunta de Galicia declarou de interese especial o parque eólico Montetourado-Eixe e a liña de evacuación denominada LAT 66 kV parques eólicos Montetourado-Eixe/Monte O Tourado-subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV.

Terceiro. As características principais recollidas nos proxectos son as seguintes:

• Características técnicas da liña de evacuación:

– (Tramo I.4) LAT a 66 kV en simple circuíto, de 37 m, condutor tipo LA-280 Al, con orixe no pórtico situado no interior da subestación do parque eólico Monte O Tourado, e final no apoio núm. 1, denominado nó B, situado nas inmediacións da SET do P.E. Monte O Tourado. Tramo para o transporte da enerxía xerada no P.E. Monte O Tourado.

– (Tramo I.3) LAT a 66 kV en dobre circuíto, de 2.392 m, condutor tipo LA-455 Al, con orixe no apoio núm. 1, denominado nó B, situado nas inmediacións da SET do P.E. Monte O Tourado e final no apoio núm. 13, denominado nó A, no concello de Vimianzo. Tramo para o transporte da enerxía xerada nos parques eólicos proxectados denominados Campelo, Monte O Tourado, Lagoa I, Lagoa II (fase I) e Lagoa II (fase II).

– (Tramo I.2) LAT a 66 kV en simple circuíto, de 3.167 m, condutor tipo LA-280 Al, con orixe no pórtico situado no interior da subestación do parque eólico Montetourado-Eixe, e final no apoio núm. 13, denominado nó A, no concello de Vimianzo. Tramo para o transporte da enerxía xerada no P.E. Montetourado-Eixe.

– (Tramo I.1) LAT a 66 kV con orixe no apoio núm. 13, denominado nó A no concello de Vimianzo, e final na SET colectora Regoelle 20-66/220 kV (IN407A 2016/3040-1), no concello de Dumbría. Entre o apoio núm. 13 e 37, dobre circuíto de 6.526 m e condutor tipo LA-455 Al. Entre o apoio núm. 37 e pórtico situado no interior da SET colectora Regoelle proxectada, circuíto simple de 50 m e condutor LA-455 dúplex.

• Características técnicas da subestación:

Subestación transformadora convencional de 261,8 MVA e 20-66/220 kV, cos seguintes elementos básicos:

– Posición 1 (zona norte): entrada de liña aérea a 66 kV, transformador intemperie 160 MVA-66/220 kV e conexión a barras de 220 kV.

– Posición 2 (zona sur): entrada de liña aérea a 66 kV, transformador intemperie 70 MVA-66/220 kV e conexión a barras de 220 kV.

– Posición 3 (Paxareiras): entrada de liña aérea a 66 kV, transformador intemperie 30 MVA-66/220 kV e conexión a barras de 220 kV.

– Posición 4 (Gamesa): tres entradas de liña soterrada a 20 kV, transformador intemperie 30 MVA-20/220 kV e conexión a barras de 220 kV.

Parque de 220 kV composto por:

– Posición de barras colectoras a 220 kV e 100/120 mm de diámetro.

– Posición de liña a 220 kV con saída soterrada a subestación de transporte Regoelle 220 kV.

– LATS a 220 kV, de 214 m, condutor tipo RHZ1 127/220 kV 3×1×800 mm2 Al, con orixe na posición de saída de liña da subestación colectora proxectada e final na posición de entrada correspondente na subestación de transporte Regoelle 220 kV.

– CT SS.AA. en edificio prefabricado de 100 kVA e 20.000/420 V, conectado á rede de distribución por LMTS.

Cuarto. Mediante o Acordo do 4 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña (en diante, a xefatura territorial), someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental dos proxectos da subestación colectora 20-66/220 kV para conexión de instalacións de xeración renovables á rede de transporte no nó Regoelle 220 kV, no concello de Dumbría (expediente IN407A 2016/3040-1) e da liña de alta tensión 66 kV parques eólicos Monte Tourado-Eixe/Monte O Tourado, nos concellos de Dumbría, Vimianzo e Zas (expediente IN407A 2017/166-1).

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 22.1.2018 e no xornal La Voz de Galicia do 16.1.2018. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Dumbría, Vimianzo e Zas), da xefatura territorial e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Coruña, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

A continuación resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública, recollidas no anexo I desta resolución:

1. Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados (RBDA), maioritariamente en relación cos nomes dos propietarios e os seus enderezos, coa titularidade das parcelas, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo, co tipo de aproveitamento, cos tipos de elementos afectados e solicitudes de delimitación in situ da zona afectada.

2. Solicitudes de modificación do trazado.

3. Solicitudes relacionadas co trámite de expropiación (acordos, valoracións).

Quinto. En cumprimento do disposto no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución da liña de evacuación aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Concello de Vimianzo, Concello de Dumbría, Concello de Zas, Dirección Xeral de Ordenación Forestal, Augas de Galicia, Axencia Galega de Infraestruturas, Red Eléctrica de España, S.A., Unión Fenosa Distribución, S.A., Telefónica, S.A. De igual modo remitiulle, para a emisión do condicionado técnico, a separata do proxecto de execución da subestación ao Concello de Dumbría.

Sexto. Os seguintes organismos: Dirección Xeral de Ordenación Forestal, Augas de Galicia, Axencia Galega de Infraestruturas e Telefónica, S.A. emitiron condicionado técnico, co cal o promotor manifestou a súa conformidade.

Sétimo. Os seguintes organismos: Concello de Dumbría e Concello de Zas non emitiron condicionado técnico e, reiterada a solicitude, non se recibiu contestación, polo que, de acordo co artigo 127 do Real decreto 1955/2000, se entende a conformidade das ditas administracións coa autorización das instalacións eléctricas.

Oitavo. Os seguintes organismos: Concello de Vimianzo, Red Eléctrica de España, S.A. e Unión Fenosa Distribución, S.A. emitiron condicionado técnico, o promotor respondeu ao dito condicionado, a xefatura territorial remitiu a resposta do promotor ao organismo correspondente, do cal non se recibiu contestación, polo que, de acordo co artigo 127 do Real decreto 1955/2000, se entende a conformidade dos ditos organismos coa autorización das instalacións eléctricas.

Noveno. No marco do establecido no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, a xefatura territorial acordou a apertura do trámite de audiencia, e outorgoulles aos titulares dos aproveitamentos forestais afectados un prazo de quince (15) días para que alegasen e presentasen os documentos e xustificacións que considerasen oportunos.

Déuselle trámite de audiencia á comunidade MVMC de Cabral-Baíñas, a cal non presentou ningunha alegación.

O 25.10.2018, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal informou, no marco do establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, que non existe obxección á declaración de prevalencia da utilidade pública da liña de evacuación sobre o interese xeral do aproveitamento forestal afectado: MVMC Cabral-Baíñas.

Décimo. Con data 22.5.2018, a sección de minas da xefatura territorial emitiu certificado en que se indicaban os dereitos mineiros afectados polas infraestruturas eléctricas: dereito mineiro Bibi y John núm. 6159.

Realizouse o trámite de audiencia ao titular do dereito mineiro Bibi y John núm. 6159, que non presentou ningunha alegación no prazo outorgado.

O 1.8.2018, a xefatura territorial emitiu o informe sobre a compatibilidade das instalacións eléctricas cos dereitos mineiros afectados, de conformidade co punto 4 do artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Décimo primeiro. Con respecto ao estudo de impacto ambiental conxunto, correspondente aos proxectos de execución LAT 66 kV parques eólicos Montetourado-Eixe/Monte O Tourado-subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV e subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV, solicitáronse informes aos seguintes organismos: Concello de Vimianzo, Concello de Zas, Concello de Dumbría, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Instituto de Estudos do Territorio, Dirección Xeral de Saúde Pública, Dirección Xeral de Ordenación Forestal e Augas de Galicia.

Cumprida a tramitación ambiental, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático formulou o 17.10.2018 a declaración de impacto ambiental correspondente ao proxecto.

Décimo segundo. A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña emitiu os seguintes informes:

O 28.8.2018, informe favorable do proxecto LAT 66 kV PE Montetourado-Eixe/Monte O Tourado-subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV (Vimianzo, Zas, Dumbría).

O 29.8.2018, informe favorable do proxecto subestación colectora 20-66/220 kV para conexión de instalacións de xeración renovables á rede de transporte no nó Regoelle 220 kV.

Aos antecedentes de feito descritos sonlles de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 45.6 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, visto o seu contido e as respostas efectuadas polo representante dos promotores, cómpre manifestar o seguinte:

1. En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas. Corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

2. En canto ás alegacións en que se propoñen cambios de trazado da liña eléctrica, cómpre indicar o seguinte:

– Non se acredita a concorrencia conxunta dos requisitos establecidos no artigo 161.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, necesarios para que resulte posible unha modificación do trazado proxectado (que a liña poida instalarse sobre terreos de dominio, uso ou servizo público ou patrimoniais do Estado, da Comunidades Autónoma, das provincias ou dos municipios, ou seguindo lindeiros de predios de propiedade privada; que a variación do trazado non sexa superior en lonxitude ou en altura ao 10 % da parte da liña afectada pola variación que segundo o proxecto transcorra sobre a propiedade do solicitante dela; e que sexa tecnicamente posible).

3. En relación coas alegacións relacionadas co trámite de expropiación, non se toman en consideración por non ser obxecto deste procedemento, senón do expediente expropiatorio na súa fase de determinación do prezo xusto. A valoración económica das afeccións tramitarase nesa fase, para o que se tramitarán as correspondentes pezas separadas do prezo xusto, en que se determinará a indemnización que corresponda e na cal o afectado poderá presentar a súa folla de valoración, na cal concretará o valor que considera que lle corresponde polos prexuízos que se lle ocasionen, co fin de que o Xurado de Expropiación de Galicia poida valorar o prezo xusto en cada caso.

De acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte acordo:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa para a liña de evacuación LAT 66 kV parques eólicos Montetourado-Eixe/Monte O Tourado-subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV, sita nos concellos de Zas, Vimianzo e Dumbría (A Coruña), e para a subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV, sita no concello de Dumbría (A Coruña).

Segundo. Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución da liña de alta tensión 66 kV parques eólicos Montetourado-Eixe/Monte O Tourado-subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV. Outubro 2017, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Sergio Rodríguez Rodríguez, colexiado núm. 482 no Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense (COITIOU) e para o proxecto de execución da subestación colectora 20-66/220 kV para conexión de instalacións de xeración renovable á rede de transporte no nó Regoelle 220 kV. Marzo de 2017, asinado polo enxeñeiro industrial Enrique Fernández Olea, colexiado nº 574 no Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG).

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións da liña de evacuación LAT 66 kV parques eólicos Montetourado-Eixe/Monte O Tourado-subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV e das instalacións da subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Cuarto. Declarar a prevalencia da utilidade pública da liña de evacuación LAT 66 kV parques eólicos Montetourado-Eixe/Monte O Tourado-subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV sobre o interese xeral do aproveitamento forestal afectado MVMC Cabral-Baíñas, de conformidade co artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Quinto. Declarar a compatibilidade da liña de evacuación LAT 66 kV parques eólicos Montetourado-Eixe/Monte O Tourado-subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV e da subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV co dereito mineiro Bibi y John núm. 6159, de conformidade co artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, o promotor constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do custo de restauración. O importe do aval, que será actualizable, fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, en 193.692 euros, dos cales 83.011 euros corresponden á fase de obras e 110.681 euros á de desmantelamento e abandono das instalacións.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias.

Para a cancelación do dito aval será preciso o informe favorable do órgano ambiental, logo do levantamento dunha acta de comprobación pola inspección ambiental, conforme establece o referido Decreto 455/1996, do 7 de novembro.

A solicitude de cancelación realizarase a través da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, e só se poderá efectuar unha vez que estean totalmente rematados os labores de restauración e integración paisaxística e logo de que o promotor acredite, mediante os informes do programa de vixilancia ambiental, a suficiencia e o éxito dos traballos efectuados, tanto os referentes á restauración (coa vexetación debidamente implantada) como ás demais actuacións relacionadas coa imposición do aval ambiental.

2. As instalacións eléctricas que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran nos proxectos que mediante esta resolución se autorizan.

3. A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manteñan as condicións regulamentarias de seguridade.

4. En todo momento deberase cumprir canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, aprobado polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, aprobado polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio, así como as demais normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación.

5. Así mesmo, deberase cumprir co disposto na declaración de impacto ambiental formulada o 17.10.2018 pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, a que se fai referencia no antecedente de feito décimo primeiro da presente resolución.

6. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Enerxía e Minas; non obstante, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, e deberá comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que diten en aplicación da citada facultade.

7. O prazo para solicitar a autorización de explotación será de tres anos, contados a partir do presente outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción. En caso de incumprimento, poderá producirse a súa revogación nos termos establecidos no punto 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, ou norma que a substitúa.

Unha vez solicitada a autorización de posta en servizo, a xefatura territorial será a encargada de emitila tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

8. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións o promotor deberá presentar ante a xefatura territorial un certificado de final de obra subscrito por un técnico facultativo competente, en que conste que as instalacións se realizaron de acordo coas especificacións contidas nos proxectos de execución aprobados, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Así mesmo, deberán presentar ante esta dirección xeral un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións.

9. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

10. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

11. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

ANEXO I

Alegacións presentadas durante o período de información pública indicado no antecedente de feito cuarto:

Maximino Freire Santos, o 29.1.2018; Clarisa Castro Rodríguez, o 30.1.2018; Manuela Domínguez Senra, o 8.2.2018; Daniel Trillo Trillo, o 12.2.2018; Rogelio Ramos Arias, o 16.2.2018; Antonio Hermida Quintáns, o 19.2.2018 (10 alegacións); Pilar Freire Pérez, o 20.2.2018; José Canosa Ingilde, o 22.2.2018; Herminda Castelo López, o 6.3.2018; Etelvina Pose Antelo, o 6.3.2018; Andrés Lires Fernández, o 6.3.2018; María Isabel Otero Lema, o 6.3.2018; Francisco Lires Pérez, o 6.3.2018; Carmen Fernández Lema, o 6.3.2018, José Arias Rodríguez, o 26.3.2018; Manuel Oreiro Ramos, o 11.4.2018; Manuel García Pardo, o 10.5.2018; Erundina Castro Rodríguez, o 6.7.2018; José Canosa Ingilde, o 17.7.2018.